Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Este sábado celébrase o curso de Soporte Vital Básico e DESA organizado pola FGC

21 DE OCTUBRE DE 2019

Este sábado celébrase o curso de Soporte Vital Básico e DESA organizado pola FGC

Este-sabado-celebrase-o-curso-de-Soporte-Vital-Basico-e-DESA-organizado-pola-FGC

A Federación Galega de Ciclismo organiza un curso de Soporte Vital Básico e DESA impartido pola Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias Sanitarias. Celebrarase este sábado 26 de outubro, dende as 09:00 horas ata as 14:00, na Casa do Deporte de Vigo. Esta actividade está aberta a todos os interesados

As persoas que desexen asistir atoparán o formulario de inscrición facendo click nesta ligazón. Esta xornada ten un límite de 25 alumnos e o prezo é de 40 euros.

O curso formativo desenvolverase en fase de talleres teórico-práctico, con bonecos de simulación en grupos similares en número e folleto informativo sobre a temática, (reanimación cardiopulmonar, obstrución de vía aérea, etc)

Emitirase a cada alumno que supere satisfactoriamente os coñecementos e habilidades da formación, a certificación para acreditar o manexo de RCP e DESA, segundo criterios de sanidade, para dar de alta no rexistro de desfibriladores.

Adxúntase programa cos contidos.

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es