Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Curso Online de Director Deportivo Nivel 1

08 DE MARZO DE 2021

Do 15 ao 28 de marzo

Curso-Online-de-Director-Deportivo-Nivel-1

A Federación Galega de  Ciclismo (FGC), en colaboración coa Escuela Nacional de Entrenadores, organiza do 15 ao 28 de marzo o Curso de Director Deportivo Nivel 1. As sesións impartiranse de forma online a través da plataforma GoToMeeting. 

O Programa desta iniciativa formativa organízase en dous bloques:

-Bloque Común: Bases do Comportamento Deportivo, Fundamentos Biolóxicos, Adestramento Deportivo (Principios do Adestramento), Actividade Física e Discapacidade, Primeiros Auxilios e Desenrolo Profesional.

-Bloque Específico: Regulamento das Especialidades Ciclistas, Formación Técnico-Táctica e Metodoloxía das Ensinanzas do Ciclismo.

Inscrición e Matrícula

O prezo do curso é de 240 euros para Federados e de 280 para Non Federados. Os graduados, diplomados e licenciados en Educación Física e TAFAD terán un desconto sobre o custo total do curso, polo que pagarán 200 euros os federados, e 240 euros os non federados.

No prezo total do curso inclúese a expedición do título da Federación Galega de Ciclismo.

O proceso de inscrición realízase a través da Plataforma da FGC. O pago da matrícula efectúase na pasarela de pago e os licenciados e diplomados en Educación Física deberán presentar fotocopia compulsada do título e certificado académico.

Fai click neste enlace para acceder a toda a información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es