Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Apertura do segundo prazo para solicitar Campionatos e Copas de Galicia

062025

A data límite é o 7 de marzo

Apertura-do-segundo-prazo-para-solicitar-Campionatos-e-Copas-de-Galicia

A Federación Ciclismo Galego (FCG) abre un segundo prazo para solicitar a organización dos Campionatos de Galicia e das citas puntuables para as Copas Galicia desta temporada que non foron adxudicados na primeira quenda. A data límite para os clubs interesados é o 7 de marzo

Unha das novidades para esta campaña 2025 consiste en que a través deste procedemento poden solicitarse a organización do Campionato de Galicia Infantil de Estrada así como a inclusión da categoría Infantil na Copa Galicia do Porvir

Os pregos de todos os eventos que aínda están por conceder atópanse dispoñibles na páxina web da FCG no apartado "Federación" --> "Solicitudes Competicións"Fai click nesta ligazón para consultalos 

Achégase un manual explicativo para os clubs que vaian realizar o trámite

 

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es