06 DE FEBRERO DE 2025
A Federación Ciclismo Galego (FCG) abre un segundo prazo para solicitar a organización dos Campionatos de Galicia e das citas puntuables para as Copas Galicia desta temporada que non foron adxudicados na primeira quenda. A data límite para os clubs interesados é o 7 de marzo.
Unha das novidades para esta campaña 2025 consiste en que a través deste procedemento poden solicitarse a organización do Campionato de Galicia Infantil de Estrada así como a inclusión da categoría Infantil na Copa Galicia do Porvir.
Os pregos de todos os eventos que aínda están por conceder atópanse dispoñibles na páxina web da FCG no apartado "Federación" --> "Solicitudes Competicións". Fai click nesta ligazón para consultalos
Achégase un manual explicativo para os clubs que vaian realizar o trámite
AVISOS
AVISOS
AVISOS
AVISOS
EVENTOS
AVISOS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es