Paso 1: Dar de alta o clube no Rexistro de entidades deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte
O trámite para a creación dun club deportivo deberá realizarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), procedemento PR946A "Rexistro de entidades deportivas", e deberá achegar a seguinte documentación:
• Solicitude de inscrición (modelo normalizado).
• Acta de constitución da entidade deportiva.
• Acta de aprobación dos estatutos pola Asemblea Xeral.
• Relación dos nomes, número de DNI e domicilio dos promotores ou directivos.
• Estatutos da entidade. Os estatutos deben estar asinados en todas as follas por todos os fundadores.
• Xustificante de ter aboado as taxas.
• Para o caso de constitución de entidades deportivas por persoas xurídicas deberán achegar, ademais da fotocopia compulsada da escritura de constitución de cada persoa xurídica, a acreditación do poder de cada un dos representantes das persoas xurídicas fundadoras ou promotoras do club deportivo.
• Certificación negativa de denominación.
*Pago de taxas a través de internet: o pagamento das taxas pode efectuarse por internet a través da páxina web da Consellería de Facenda. - (Acceso directo a iniciar taxa)
Modelos de impresos consultar en https://deporte.xunta.gal/gl/rexistro-de-entidades
Paso 2: Solicitar o CIF na Axencia Tributaria
Paso 3: Dar de alta o clube na zona privada da FGC
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es