Facebook Twitter Youtube Instagram Español

FEDERARSE

¿Por qué federarse?

 

  • imagen Porque formarás parte dun proxecto común de defensa do noso deporte e dun colectivo de persoas que aman e traballan por e para o ciclismo.
  • imagen Porque contribuirás a facer posible a preparación dos nosos deportistas máis xóvenes e a captación de novos valores.
  • imagen Porque tanto se utilizas a bicicleta para pasear ou facer turismo, contarás con tódalas coberturas e vantaxes.
  • imagen Porque terás unha asesoría xurídica para consultar tódalas dúbidas legais que che xurdan.
  • imagen Porque contarás con un seguro de cobertura de responsabilidade civil.
  • imagen Porque en caso de accidente, terás a túa disposición unha extensa rede de centros sanitarios concertados en todo o territorio galego, nacional e internacional.
  • imagen Porque no caso de que queiras competir, esta habilitate para tomar parte en tódalas competicións de tódolos ámbitos territoriais.
  • imagen Porque terás descontos nas inscricións en eventos cicloturistas e ciclodeportistas.
  • imagen Porque terás preferencia nas inscricións en competicións oficiais.
  • imagen Porque poderás formar parte das Seleccións Oficiais e defender as nosas cores.
  • imagen Porque terás acceso a subvencións e premios por méritos en competicións.

 

¿Inda tes dúbidas? Non o penses máis

#Fedérate

 

 

Cómo tramitar a licenza

Clube

Para o clube darse de alta na ZONA PRIVADA

Deportista competición/cicloturista (necesario a través dun clube)

Contactar cun clube federado. O clube encargarase da tramitación da licenza. Listado de clubes

Cicloturista independente (sen clube)

Darse de alta na ZONA PRIVADA. Realizar o ingreso na conta de Abanca ES22 2080 0573 1430 4000 1167. Tamén poderá realizar o ingreso a través do TPV da ZONA PRIVADA. O corredor estará federado tras a validación da licenza.

Documentos

imagen Prezos licenzas 2023    

imagen Autorización Paterna para Menores (solicitude de licenza)

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es