Facebook Twitter Youtube Instagram Español
Preguntas Frecuentes
 

 

 

 

imagen   Qué facer en caso de accidente deportivo
   

  • Nacid@s entre 2006 e 2017 (6 a 16 anos, ambos incluídos). Están amparados polo plan XOGADE. EN CASO DE URXENCIA VITAL acudir ao centro médico máis próximo e comunicar o accidente antes de 24 horas. EN CASO DE NON URXENCIA VITAL cubrir a comunicación de accidente antes de acudir ao centro sanitario que lle indique a aseguradora. A vía máis recomendable é cubrir comunicar no 881 850 087 ou https://partesxogade.es e agardar a que nos chamen para indicarnos a que centro debemos acudir. Protocolo completo Plan XOGADE

     

  • Resto de idades (menores de 6 e maiores de 16 anos) O federado deberá acudir a un Centro Concertado pola aseguradora chamando previamente ao teléfono de asistencia: 960 99 28 40 de Itegra que figura no dorso da súa tarxeta federativa. Nese momento se declara o parte de accidente en ITEGRA vía telefónica en www.itegra.es e indícase ao federado o centro onde debe acudir a urxencias, emitindo unha autorización ao centro indicado, con copia ao e-mail do federado (dato que nos informa ao declarar o sinistro). O federado debe remitir o informe de urxencias ao alta a soporte@itegra.es para valorar o seguimento posterior necesario. Nº Póliza: 7025 - 372936. Protocolo completo AXA-Itegra

  • CONDICIÓNS XERAIS E RESTO DE ATENCIÓNS GASTOS DE XESTIÓN Todo accidente deportivo que non se produza dentro dunha proba (competición ou marcha) ou que non estea recollido no acta de dita proba, terá un coste de 20 € en concepto de gasto por xestión e tramitación do accidente. Están exentos de abonar dito importe de 20 € os menores de 16 anos. En calquera caso, están excluidas todas aquelas lesións consecuencia da participación do deportista federado en eventos non federados, nos cales será reponsable da totalidade da asistencia sanitaria, a compañía aseguradora do mesmo.

  • ACCIDENTE CON DANOS A TERCEIROS En caso de accidente no que ocasionase danos a un terceiro, deberá poñerse en contacto coa Federación chamando ao 986-224158, en horario de oficina, para tramitar o sinistro. Lembre que este seguro ten unha franquía de 350 euros. 

  • ATENCIÓN ORGANIZADORES DE PROBAS DEPORTIVAS INSCRITAS NO CALENDARIO AUTONÓMICO Deberá notificar os protocolos de Axa-Itegra ou do Plan Xogade aos servizos sanitarios contratados (médico e ambulancias) para prestar a primeira asistencia sanitaria. PARA CASOS DE TRASLADOS A CENTROS CONCERTADOS, chamar previamente ao teléfono de asistencia 960 99 28 40 de Itegra ou 619 818 737 do plan Xogade que figura no dorso da tarxeta federativa do corredor. Tamén dispoñen da listaxe de centros concertados na páxina web da FGC www.fgalegaciclismo.es no menú Federación-Seguros. Para máis información PINCHAR en Menú Seguros

  •  

 

     
imagen   Qué facer en caso de accidente con danos a terceiros
   

 

SEGURO DE RESPONSABILIDAD CIVIL

En caso de accidente no que ocasionase danos a un terceiro, deberá poñerse en contacto coa Federación chamando ao 986-22-41-58, en horario de oficina, para tramitar o sinistro. Lembre que este seguro ten unha franquía de 350 euros.

   

     
imagen   Cómo dar de alta un clube na Xunta de Galicia
   
Dar de alta o clube no Rexistro de entidades deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte.
Para máis información Menú Federar un clube .
     
     
imagen   Cómo federar un clube
   

Para poder federar un clube, este debe estar dado de alta no Rexistro de entidades deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte e dar de alta o clube na zona privada da FGC

Para máis información Menú Federar un clube.

     
imagen   Cómo inscribir un equipo na RFEC
   


Un equipo debe estar adscrito obrigatoriamente a un clube. Non é posible formar un equipo sen un clube co que se realizou o contrato correspondente. O equipo debe crearse na zona privada do clube.

Os documentos que ides necesitar son:

  imagen   Anexo 13.1 - Contrato clube e Patrocinador.
  imagen   Anexo 13 - Formulario de inscrición.
  imagen   Resumo e Taxas Alta de Equipos na RFEC 
  imagen   Anexo 4 - Compromiso deportivo Equipo-Ciclista
       
 

 

     
imagen   Autorización para participar nunha proba no estranxeiro
   


Hai que remitir o seguinte formulario con 7 días de antelación a deporte.escolar@xunta.gal para dar aviso o seguro do Plan-Xogade

 

  imagen   Notificación desprazamentos ao estranxeiro
 

imagen

imagen

 

Notificación desprazamentos ao estranxeiro

Rexistro inicial na aplicación de Xogade

     
     
imagen   Viaxes o estranxeiro
   


Todos os equipos e corredores individuais que participen en probas no estranxeiro deberán levar consigo a presente autorización, debendo ser solicitada á RFEC a través da FGC, federacion@fgalegaciclismo.es e entregar ao xurado técnico da proba en que vaian participar

  imagen   Autorización RFEC saídas ao estranxeiro
       * Para as probas en PORTUGAL de carácter NON INTERNACIONAL, non é necesaria a autorización conforme ao indicado no convenio de colaboración entre ambas as federacións nacionais.
  imagen   Convenio RFEC-FPC
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es