¿Gustaríache ser Xuíz Árbitro de ciclismo?

Se che gusta este deporte, convidámosche a coñecelo dende outra perspectiva diferente, a do arbitraxe.

Experimenta a outra cara do ciclismo. So terás que solicitar a túa licenza de Auxiliar Arbitral para comezar a asistir a aquelas probas nas que sexas designado. Durante o primeiro ano, como aspirante, irás como apoio arbitral ás probas para que vaias adquirindo experiencia e coñecendo os pormenores da labor arbitral.

Unha vez rematado o periodo de aprendizaxe de un ano, como mínimo, se te ves preparado/a e decidido/a a acreditarte oficialmente como membro do Comité Técnico de Árbitros (CTA), poderás acceder aos cursos de preparación para superar o exame de Xuiz Árbitro Autonómico. Máis adiante, poderás ir ascendendo, obtendo a categoría de Xuiz Nacional, Nacional Élite ou Internacional.

 

¿Cales son os requisitos que debo cumplir?

Debes ter cumpridos os 16 anos, unhas nocións mínimas sobre ciclismo e dominio da informática a nivel usuario. Ademáis deberás ter disponibilidade durante algúns fins de semana ao longo do ano.

 

¿Qué representa un árbitro?

Un árbitro de ciclismo é o responsable de velar polo correcto desenrolo deportivo das probas ciclistas, cumplindo co establecido na Normativa Técnica da FGC, RFEC e da UCI, as cales deberá coñecer para poder aplicalo no exercicio das súas funcións.

 

¿Cales son as vantaxes de ser árbitro?

Disfrutarás deste deporte de forma activa como membro do equipo arbitral, respaldado por un seguro de accidente deportivo e outro de responsabilidade civil. Superado o exame, entras a formar parte do CTA e recibirás unha compensación económica por cada proba á que asistas, que dependerá das tarifas aprobadas polo órgano competente. Os desprazamentos tamén correrán a cargo do CTA-FGC.

Se estás interesado en formarte como árbitro e vivir esta experiencia envíanos os teus datos á dirección de correo cta@fgalegaciclismo.es

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es