Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Protocolo de actuación en caso de accidente deportivo

Plan XOGADE

(maiores de 6, menores de 16 anos)

SURNE - GEROSALUD

No caso de precisar asistencia médica derivada dun accidente deportivo, en función do nivel de urxencia procederase do seguinte xeito:

Urxencia vital (aquela que implica risco de morte ou secuela funcional grave para o doente en caso de non

recibir atención médica inmediata):

Acudir ao servizo de Urxencia máis próximo e comunicar o sinistro nun prazo de 24 horas.

Urxencia non vital:

1. Comunicación de accidente:

Deberán comunicar o accidente antes de acudir a ningún centro por unha destas dúas vías:

Teléfono de asistencia: 881 850 087 – Tras facilitar á Xestora Médica os datos do lesionado e circunstancias

do accidente, indicaraselle o centro médico ao que acudir para recibir a primeira atención médica.

Vía telemática a través da plataforma: https://partesxogade.es tras a recepción da comunicación de

sinistro, recibirá unha confirmación de apertura. Un tramitador de Gerosalud contactará telefonicamente á maior brevidade para indicárlle o centro médico ao que acudir.

 

2. Continuidade asistencial:

Tras a primeira asistencia será necesario cumprir os seguintes requisitos:

I) Que a entidade que inscribiu ao deportista certifique o accidente na plataforma de Xogade

(https://inscricion-xogade.xunta.gal). O prazo para dito trámite é de 7 días.

II) Que os titores legais autoricen a xestión de datos do menor a través dunha mensaxe que recibirán no seu

teléfono móbil.

III) Que se envíen os informes médicos nos que conste a prescripción de tratamento, rehabilitación, probas

diagnósticas, cirurxía/ingreso hospitalario, etc. O lesionado ten á súa disposición o correo

xogade@gerosalud.es e o portal https://partesxogade.es

 

SEGURO DE RESPONSABILIDAD CIVIL

En caso de accidente no que ocasionase danos a un terceiro, deberá poñerse en contacto coa Federación chamando ao 986-22-41-58, en horario de oficina, para tramitar o sinistro. Lembre que este seguro ten unha franquía de 350 euros.

 

 DOCUMENTOS Plan XOGADE:
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es