Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Copa de España de Descenso chegará ao seu fin co V Trofeo Federación DHI – Manzaneda Bike Park

192023

A proba organizada pola Federación Ciclismo Galego resolverá este domingo a xeral elite-sub23 masculina

A-Copa-de-Espana-de-Descenso-chegara-ao-seu-fin-co-V-Trofeo-Federacion-DHI-a��-Manzaneda-Bike-Park

A Copa de España de Descenso vivirá este próximo domingo 23 de xullo o V Trofeo Federación DHI – Manzaneda Bike Park, que poñerá punto e final a esta edición 2023 do circuíto estatal. A proba, que estará organizada por Federación Ciclismo Galego (FCG) xunto coa Estación de Montaña de Manzaneda, desenvolverase na Serra de Queixa, no Bike Park da estación, que conta cun terreo espectacular para a celebración dunha competición deste tipo.

O evento ourensá, que será o encargado de decidir o nome dos vencedores da Copa de España 2023, permitirá aos participantes inspeccionar o circuíto a pé a partir do venres ás 16:00 h. A xornada do sábado, quedará reservada para a celebración dos adestramentos oficiais, que se repetirán á primeira hora do domingo. Desde as 11:00 h do domingo comezará a manga clasificatoria; mentres que a final disputarase a partir das 13:00 h.

A este V Trofeo Federación DHI – Manzaneda Bike Park chega aínda sen decidirse a xeral elite-sub23 masculina, que lidera Orion Kirchmayer con 524 puntos polos 404 de Luis Zarco que ocupa a segunda posición. Ambos acudirán á Estación de Montaña de Manzaneda e xogaranse o título de vencedor da Copa de España xunto a Álvaro Martínez, que con 349 puntos aínda conta con opcións matemáticas. No que respecta á xeral elite-sub23 feminina, esta será para Zoe Zamora debido a que Aina González, segunda clasificada non acudirá a esta última proba. Ademais de Zoe, tamén participará en Manzaneda a súa irmá Kira, así como a campioa de España Sara Yusto.

Toda a información ao respecto da Copa de España de Descenso podedes atopala nas redes sociais mediante o cancelo #CopaEspañaDH e na sección destinada á mesma na páxina web da Real Federación Española de Ciclismo

II Mini DH Manzaneda Bike Park

Como aperitivo da clausura da Copa de España, o sábado o protagonismo corresponderá ás/aos riders do futuro. Ás 15:00 h arrancará coa súa quenda clasificatoria o II Mini DH Manzaneda Bike Park, cita que tamén levarán a cabo a FCG e a Estación de Montaña de Manzaneda. Trátase da segunda proba do calendario galego de Mini DH, activado a principios deste mes en Ferrol.

 

 

 

A Copa de España de Descenso chegará ao seu fin co V Trofeo Federación DHI – Manzaneda Bike Park
 
Logo secundario CICLISMO GALEGO FEDERACION

CICLISMO GALEGO FEDERACION

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158