Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Val de Esmelle abriu o calendario de Mini DH

05 DE JULIO DE 2023

O evento ferrolán roldou o centenar de participantes

O-Val-de-Esmelle-abriu-o-calendario-de-Mini-DH

Gran ambiente e sobresaínte dato de participación na apertura do calendario galego de Mini DH. O pasado sábado celebrouse a sexta edición do Mini DH Val de Esmelle, o primeiro dos catro eventos que as/os riders do futuro van protagonizar esta temporada. A cita ferrolá reuniu a preto de 100 rapazas e rapaces das categorías de escolas. 

O club do Centro BTT Val de Esmelle realizou un fantástico traballo na organización e o circuíto do Xardín de Pepe deixou moi bo sabor de boca. Seguindo in situ ás promesas desta especialidade da bicicleta de montaña estivo Eva Castro, a seleccionadora autonómica de Descenso e Enduro. 

O vindeiro Mini DH chegará o día 22 deste mes en Manzaneda, na véspera do V Trofeo Federación DHI - Manzaneda Bike Park, proba da Copa de España organizada pola Federación Ciclismo Galego. A fin de semana seguinte a festa do Descenso Urbano de Sarria arrancará o sábado 29 co Mini DHU. Por último, o 30 de setembro o Club Ciclista Coruxo exercerá de anfitrión na despedida do curso. 

GALERÍA DE FOTOS

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es