Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Sergio Veiga e Alba Fernández asinan por segunda cita consecutiva os tempos scratch na Copa de España de Pump Track

01 DE JULIO DE 2024

A cadete Ainoa Posada completou a tripla de triunfos galegos en Otívar

Sergio-Veiga-e-Alba-Fernandez-asinan-por-segunda-cita-consecutiva-os-tempos-scratch-na-Copa-de-Espana-de-Pump-Track

Fotos: Federación Andaluza de Ciclismo

A Copa de España de Pump Track celebrou este domingo a súa quinta e penúltima xornada puntuable unha semana despois de visitar por primeira vez Galicia. Tal e como aconteceu en Mondariz os rexistros scratch en Otívar (Granada) corresponderon a riders da nosa comunidade. O sub-23 Sergio Veiga (Pontebike) foi o máis rápido nos homes e a júnior Alba Fernández (Val do Ulló) impúxose entre as mulleres por diante da cadete Ainoa Posada (Lynalfa-Ponteareas), corredora que completou a tripla de vitorias e liderados galegos na pista andaluza.

Cun tempo de 17 segundos e 36 centésimas, Sergio Veiga bateu por 40 centésimas ao elite andaluz Davis Estiven Giraldo no duelo polo triunfo absoluto. O naronés conseguiu o seu segundo scratch consecutivo no certame estatal e de paso deixou vista para sentenza matematicamente a xeral sub-23. A segunda posición na súa categoría obtívoa o seu compañeiro de equipo Raúl Gándara e o Pontebike Team Sportskids tamén pisou o podio elite con Fabio Jorge, terceiro clasificado. 

A batalla pola mellor marca feminina, ao igual que en Mondariz, dominouna a redondelá Alba Fernández. A líder júnior da Copa de España, clasificación que xa ten garantida, detivo o cronómetro en 19"40. Quen máis se achegou a ese tempo foi Ainoa Posada (21"03), gañadora cadete por unicamente 4 centésimas de vantaxe respecto á andaluza Paula Baena. A rider do Lynalfa-Ponteareas tamén asegurou a xeral da Copa de España na súa categoría. 

imagen

imagen

O Pump Track da nosa comunidade sumou dous podios máis en Otívar por medio de Daniel Díaz (Val do Ulló), segundo nos alevíns, e do seu compañeiro de equipo Leo Díaz, terceiro nos principiantes. Os outros top-10 galegos rubricáronos Arón Porto (Pontebike), sexto nos infantís, e Álvaro Costas (BMX Cromoly), oitavo nos promesas 7 e 8. 

O calendario desta Copa de España pecharase o 15 de setembro en Huercal de Almería.

Máis información

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es