Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Enduro Manzaneda Bike Park abre inscricións

092024

A primeira edición desta proba celebrarase o 25 de agosto, unha semana despois da cita da Copa de España DHI que terá como escenario a estación de montaña ourensá

O-Enduro-Manzaneda-Bike-Park-abre-inscricions

Dende este domingo 11 de agosto os eventos da Federación Ciclismo Galego sucédense durante dúas semanas na Estación de Montaña de Manzaneda. O Mini DH abre un programa que continuará co Campus Mini DH by Eva Castro, a última proba da Copa de España de Descenso, o Campus de Ciclocrós... e unha novidade no calendario autonómico. O domingo 25 de agosto chega a primeira edición do Enduro Manzaneda Bike Park

As inscricións para a estrea desta competición xa están abertas. Fai click nesta ligazón para anotarte. O Enduro Manzaneda Bike Park arrancará ás 09:00 horas. 

imagen

Unha semana antes, o domingo 18, a Copa de España de Descenso 2024 pecharase co VI Trofeo Federación DHI - Manzaneda Bike Park. O prazo para inscribirse remata o vindeiro día 13 ás 23:59 h. Fai click nesta ligazón para anotarte.

imagen

 

 

 
Logo secundario CICLISMO GALEGO FEDERACION

CICLISMO GALEGO FEDERACION

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158