Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Iris Santana abre a conta de podios galegos na Copa de España XCO Cofidis 2025

172025

A cadete do Coruxo conseguiu a segunda posición no Gran Premio Candeleda-Gredos

Iris-Santana-abre-a-conta-de-podios-galegos-na-Copa-de-Espana-XCO-Cofidis-2025

Fotos: RFEC

Despois de que se resistiran nos dous primeiros eventos puntuables, o BTT galego colleitou esta fin de semana o seu primeiro podio da temporada na Copa de España XCO Cofidis. A cadete Iris Santana (Coruxo) fixo segunda na cita abulense do Gran Premio Candeleda-Gredos. Nunha competición internacional de clase C1 tanto para a categoría Júnior como para a Elite e Sub-23 catro bikers da nosa comunidade sumaron puntos UCI.  

A viguesa Iris Santana, no seu segundo ano como cadete, estreouse no caixón da Copa de España. A súa actuación pechouna superando no esprint pola segunda praza á valenciana Naiara Gumbau (Sumistock), compañeira de equipo e paisana da gañadora Carolina Casares, que se impuxo con 16 segundos de vantaxe e reforzou a súa condición de líder. Os puntos acadados pola corredora do Coruxo permítenlle ascender ata a terceira praza da xeral. Nunha carreira marcada por unha tremenda chuvieira, outras dúas galegas concluíron no top-10: Nerea Soto (Lynalfa-Ponteareas), oitava, e Xiana Seijo (Caimanes Betanzos), novena. 

O Coruxo tamén asinou o mellor resultado do noso XCO nas categorías con rango internacional. Mauro Vega concluíu quinto na proba júnior e anotouse 12 puntos UCI, polos 4 que se levou Marcos Rodríguez (Academia Postal - Maceda), noveno entre os xuvenís. En canto ás carreiras raíñas, Alejandro García (Mondraker) rematou oitavo absoluto e cuarto mellor sub-23, apuntándose 14 puntos para o ranking da Unión Ciclista Internacional e nas mulleres Sarela Conde (Academia Postal-Maceda) conseguiu 1 punto grazas a súa décimo quinta posición, sétima entre as sub-23. Un posto por detrás dela finalizou Uxía Soto (Extol-Zambora.es).

imagen

No resto de categorías destacaron en clave galega a undécima posición da júnior Lara Pita (Planet MTB), a sétima do cadete Guillermo García (Avanza - O Porriño), a quinta do máster-30 Manuel Parada (Xesteiras) e a oitava do máster-50 David García (Biciosos-Rías Baixas).

A Copa de España XCO Cofidis alcanzará a súa cuarta e penúltima xornada no G.P. Internacional X-Sauce, o 5 e 6 de abril no municipio madrileño de Alpedrete. 

Máis información

 

 

Iris Santana abre a conta de podios galegos na Copa de España XCO Cofidis 2025
Iris Santana abre a conta de podios galegos na Copa de España XCO Cofidis 2025
Iris Santana abre a conta de podios galegos na Copa de España XCO Cofidis 2025
Iris Santana abre a conta de podios galegos na Copa de España XCO Cofidis 2025
Iris Santana abre a conta de podios galegos na Copa de España XCO Cofidis 2025
Iris Santana abre a conta de podios galegos na Copa de España XCO Cofidis 2025
Iris Santana abre a conta de podios galegos na Copa de España XCO Cofidis 2025
Iris Santana abre a conta de podios galegos na Copa de España XCO Cofidis 2025
Iris Santana abre a conta de podios galegos na Copa de España XCO Cofidis 2025
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es