172025
Con dous eventos máis que o ano pasado, a Copa Galicia XCO 2025 ponse a rodar este sábado. A Supercup XCO Penas de Rodas abre o calendario do certame de Cross Country Olímpico coordinado pola Federación Ciclismo Galego. A competición constará das seguintes dez citas, percorrerá as catro provincias e prolongarase ata mediados de xuño:
22/3 Supercup XCO Penas de Rodas (Team Bike Outeiro de Rei)
29/3 III XCO Vila de Cuntis (Club de Montaña Xesteiras)
12/4 V Trofeo XCO Concello do Porriño (A.D. Avanza)
26/4 II XCO de Samieira (C.C. Samieira)
3/5 III XCO Vila de As Pontes (Terras do Eume)
11/5 XCO Vila do Corpus - Escola Borja Gómez Méndez (C.C. Ponteareas)
24/5 XVI BTT de Maceda (C.C. Maceda)
31/5 XXIV Gran Premio Concello de Cambre de BTT (C.C. Cambre)
7/6 III XCO Poio (Poio Bike)
14/6 XaxanBike 25 (XSM)
Os primeiros puntos repartiranse na localidade lucense de Outeiro de Rei nun evento que tamén pertence ao calendario da Real Federación Española de Ciclismo como proba de clase H5. O prazo para inscribirse na Supercup XCO Penas de Rodas remate este mércores ás 23:59 horas. Fai click para anotarte
A pasada campaña a nómina de líderes finais da Copa Galicia XCO compuxérona Marta Utrera e Guillermo García en Infantil; Iris Santana e Lucas Lozano en Cadete; Marta Estévez e Martín Díaz en Júnior; Sofía Álvarez e Martín Sestelo en Sub-23; Juana María Vidal e Rubén Deaño en Elite; Manuel Ángel Parada en Máster-30; Silvia García e Jorge Aguín en Máster-40; Antonio Rodríguez en Máster-50; e Antonio Bugallo en Máster-60. A clasificación por equipos tivo como gañador ao Cambre.
Toda a información sobre este certame podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaXCO25 e na súa sección dentro da páxina web da FCG.
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es