Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Muíños Bike Marathon activa este domingo a Copa Galicia de XCM

022025

O certame autonómico de Cross Country Maratón regresa esta temporada con tres desafíos

O-Muinos-Bike-Marathon-activa-este-domingo-a-Copa-Galicia-de-XCM

Despois dun ano de paréntese, a Copa Galicia de XC Maratón está de volta. O certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego (FCG) para os fondistas do BTT constará esta campaña de tres desafíos puntuables. O primeiro deles dispútase a vindeira fin de semana. 

O regreso da Copa terá lugar na provincia de Ourense coa celebración este domingo, 8 de xuño, do Muíños Bike Marathon. Esta proba organizada por Noko 360 Sports Consulting enmárcase dentro do programa do Xurés Bike Tour. O prazo para inscribirse remata este mércores ás 23:59 horas. Fai click nesta ligazón para apuntarte.

imagen

As/os bikers que saían líderes de Muíños tocaralles defender as súas camisolas noutro evento en territorio ourensán. O IV XCM Audi Selection Plus Concello de Piñor exercerá o 7 de setembro, co Club Ciclista Ourense Termal como anfitrión, de segunda xornada puntuable para unhas clasificacións xerais que se resolverán a comezos de outubro. Carballo será o epicentro o día 5 da XXI Marcha Costa da Morte, a clásica do Club Ciclista Monteneme. 

Toda a información sobre a Copa Galicia de Cross Country Maratón podes atopala nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaXCM25. 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es