242022
O Aluminios Cortizo logrou alzarse este sábado coa vitoria na 59ª Clásica Pascuilla, proba organizada polo club de Padrón e que en varias ocasións pasou por diante da súa sede. O triunfo chegou grazas ao bo facer de Eric Fagúndez, que demostrou os seus grandes dotes de escalador índose en solitario no alto de Pereira.
A proba coruñesa estivo animada na seu maior parte por unha fuga composta de homes de calidade como Jeison Rujano (Aluminios Cortizo), Álvaro Carasa (Vigo-Rías Baixas), Carlos Collazos (Drone Hopper- Gsport-Grupo Innova Tormo) e Alejandro Brendler (Retelec), aínda que este último acabaría cedendo no ecuador do percorrido.
Por diante o trío de cabeza chegou a alcanzar unha vantaxe superior aos dous minutos, aínda que vían como o pelotón botábaselles encima cando aínda restaban algo máis de 40 km para a liña de meta.
A pesar dos continuos intentos de fuga, a carreira chegaría compacta ata o definitivo ascenso ao alto de Pereira, o porto máis duro do día, onde o uruguaio Eric Fagúndez lanzou o seu órdago cun fortísimo ataque ao que ningún adversario puido seguir. Pola cima conseguía xa máis dun minuto e medio de renda que sabería dosificar á perfección nos 15 km finais camiño da liña de chegada en Padrón.
Fagúndez presentouse en solitario para xúbilo dos veciños e afeccionados do club local Aluminios Cortizo, facéndose así cun triunfo moi desexado, e pola súa banda o suramericano situouse como primeiro líder da Copa de Galicia Estrada Elite-Sub23.
A máis dun minuto chegou o grupo principal encabezado polo cántabro Kevin Suárez (Nesta-MMR), completando o podium Tobias Tanfield (Retelec), mellor sub23. Tamén subiron a ese podio os citados Carlos Collazos e Álvaro Carasa, o primeiro como gañador da montaña e os sprints especiais e o segundo ao triunfar nas metas volantes, mentres que o Aluminios Cortizo levouse o premio por escuadras.
A Copa Galicia regresará o 11 de xuño no Porriño e resolverase ao día seguinte na Domaio-Heroica.
Fonte: ElPelotón
SELECCIÓNS
CARRETERA
CARRETERA
AVISOS
CARRETERA
CARRETERA
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es