Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Óscar López e Iván Montero asinan as dúas vitorias galegas do Neuroimpulse en Camponayara

102025

O Inclusivo Enki colleitou tres podios con paraciclistas da nosa comunidade na penúltima proba da Copa de España

oscar-Lopez-e-Ivan-Montero-asinan-as-duas-vitorias-galegas-do-Neuroimpulse-en-Camponayara

A quinta e penúltima proba da Copa de España de Ciclismo Paralímpico disputouse o pasado domingo moi preto de Galicia, na localidade berciana de Camponaraya. Nun circuíto completamente chairo de 4,5 quilómetros, os paraciclistas da nosa comunidade acadaron cinco postos de podio. As dúas vitorias nese repóker asináronas corredores do Neuroimpulse-Galicia.

Óscar López, na clase 3 de bicicleta adaptada, estreou a súa conta de triunfos no certame estatal. Ademais, o larachés situouse como novo líder da clasificación xeral. Premio por partida dobre que logrou despois de impoñerse co mesmo tempo que o manchego Carlos Perona (Para-Sport Andalucía). Esta vitoria permítelle chegar á última xornada da Copa de España á fronte da táboa MC3 cunha vantaxe de 28 puntos respecto ao balear Adrián Planells (Santa Margalida).

O título da clase 5 de handbikes xa o ten no peto o seu compañeiro Iván Montero. O actual campión de España rodou durante 1 hora e 9 minutos en Camponaraya, sendo o único clasificado da súa categoría. Deste xeito, certificou a súa sexta coroa no certame estatal. 

imagen

A colleita galega de podios completárona paraciclistas do Inclusivo Enki. O handbiker Ángel Plácido López fixo segundo na clase 2, o mesmo posto correspondeu á handbiker María José Pose na categoría 3 e Víctor García concluíu terceiro no tándem.

imagen

Ás portas das tres primeiras prazas quedou José Antonio Bugaría (Lasal Cocinas - Craega), cuarta na categoría 5 de bicicletas adaptadas. No que respecta á clase 3 de handbikes, Alejandro González e Daniel Prada, ambos do Inclusivo Enki, finalizaron sexto e oitavo, respectivamente. 

O calendario da Copa de España 2025 pecharase o 15 de xuño en Vilamarxant (Valencia)

Máis información

 

 

Óscar López e Iván Montero asinan as dúas vitorias galegas do Neuroimpulse en Camponayara
     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es