142025
Todo xa está preparado para que do 23 ao 25 de maio a localidade lucense de Friol sexa por primeira vez a sede do Campionato de España de Ciclismo Paralímpico en Estrada. O Club Ciclista Lvcvs Avgvsti organizará a cita máis importante do ano para o pelotón adaptado estatal, tres días de competición que reunirán a corredoras e corredores que acumulan títulos internacionais. En xogo estarán as camisolas rojigualdas correspondentes ao 2025.
O acto de presentación do evento tivo lugar este mércores en Friol coa participación de José Angel Santos, alcalde de Friol; Felipe Barata, concelleiro de Deportes; Ángeles Buján, concelleira de Cultura e Turismo; Efrén Vázquez, vicepresidente da Deputación de Lugo; Javier Arias, delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo; Javier Nodal, director territorial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo; Manolo Cadramón, xefe de servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo; Francisco Javier Lorenzo, presidente do Club Ciclista Lvcvs Avgvsti; Óscar Sánchez, vicepresidente da Federación Ciclismo Galego (FCG); e Jacobo Ucha, técnico da FCG.
O programa de competición arrancará o venres 23 coa disputa da proba Team Relay de remudas por seleccións autonómicas. A quenda das probas individuais chegará na fin de semana. O sábado terán lugar as contra o reloxos e o domingo está reservado para as carreiras de fondo. Haberá probas en bicicleta adaptada, handbikes, tándems, triciclos e para persoas xordas.
As mellores e os mellores especialistas do panorama estatal regresan á provincia de Lugo 2 anos despois de que Viveiro acollera no 2023 o Campionato de España de Ciclismo Paralímpico en Estrada. A Selección de Galicia, exercendo de anfitrioa, aspirará aos títulos e ao podio en varias categorías.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CICLISMO ADAPTADO
FORMACIÓN
CICLISMO ADAPTADO
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es