172025
Foto: RFEC
Catro títulos -tres individuais e un por equipos- para o Paraciclismo da nosa comunidade na Copa de España 2025. O certame estatal completou o seu calendario este domingo coa disputa na Comunitat Valenciana do II Gran Premio Ciutat de Vilamarxant, sexta e última cita puntuable. As camisolas de líderes finais recibíronas o handbiker Iván Montero (Neuroimpulse-Galicia) na clase 5, a handbiker María José Pose (Inclusivo Enki) na clase 3 e o corredor de bicicleta adaptada Óscar López (Neuroimpulse-Galicia) na clase 3. A clasificación por clubs da temporada encabezouna o Neuroimpulse-Galicia.
O primeiro posto da xeral MC3 asaltouno na última xornada Óscar López. O larachés fixo terceiro en Vilamarxant e aproveitou a ausencia do vasco Carlos Gorospe (Kemen Pertsona) para pasar da segunda praza ao máis alto no ranking. A clausura da Copa de España tamén lle serviu para vestirse de líder a María José Pose en WH3 logo de ser a única handbiker da súa clase que puntuou na cita valenciana. Pola súa banda, Iván Montero chegaba a esta proba co seu sexto título MH5 no peto e impúxose con autoridade no duelo co valenciano Francisco Tamarit (Unlimited Wheels).
A piques de meterse no podio quedou Alejandro González (Inclusivo Enki) nas handbikes da clase 3 ao cruzar a liña de meta na cuarta posición co mesmo tempo que o segundo clasificado. O seu compañeiro de equipo Víctor García clasificouse sétimo nos tándems. En canto á xeral final da Copa, malia non participar en Vilamarxant, Ángel Plácido López (Inclusivo Enki) obtivo a segunda praza nas handbikes da clase 2.
O título por clubs conquistouno por sexta edición consecutiva deste certame o Neuroimpulse-Galicia, vencedor á súa vez no peche do curso. Colleitou 180 puntos ao longo do ano, polos 108 doutro conxunto galego, o Lasal Cocinas-Craega, segundo por escuadras. No quinto posto terminou o Inclusivo Enki.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
EVENTOS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es