Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O ciclismo paralímpico galego cólgase once medallas no Campionato de España de Friol

262025

Damián Ramos e Iván Montero, con dous títulos cada un, lideraron a lista de éxitos da comunidade anfitrioa

O-ciclismo-paralimpico-galego-colgase-once-medallas-no-Campionato-de-Espana-de-Friol

A localidade lucense de Friol desfrutou durante tres días, dende o venres ata o domingo, do mellor ciclismo paralímpico de estrada a nivel estatal. O Campionato de España organizado polo Club Ciclista Lvcvs Avgvsti abriuse coa proba de remudas Team Relay por seleccións autonómicas e durante a fin de semana disputáronse as contra o reloxos individuais (CRI) e as carreiras de fondo. De todos os títulos que se repartiron, cinco quedaron na comunidade anfitrioa, así como outras seis medallas.

A colleita de éxitos galega inaugurouse no Team Relay para handbikes. A Selección de Galicia logrou o terceiro posto grazas a Alejandro González, María José Pose e Ángel Plácido López. O trío dirixido polo seleccionador Jacobo Ucha completou as tres voltas ao circuíto de 2,3 quilómetros en 59 minutos e 48 segundos, con case 4 minutos de vantaxe sobre o equipo ‘B’ da Comunidad de Madrid. A vitoria correspondeu ao conxunto ‘A’ da Comunidad de Madrid cun tempo de 40:51 e o segundo posto obtívoo Andalucía cun rexistro de 48:01. 

imagen

A xornada do sábado estivo dedicada ás CRI e o ciclismo paralímpico da nosa comunidade acadou cinco metais. Na clase 4 de bicicleta adaptada (MC4), o coruñés Damián Ramos exhibiuse nun trazado de 9,4 km ao que tivo que dar tres voltas. Defendendo as cores da Selección de Galicia venceu con 3 minutos e 20 segundos de marxe respecto a Julio Enrique Bermejo (Comunidad de Madrid). Tamén representando ao combinado da Federación Ciclismo Galego, o arteixán Iván Montero impúxose con solvencia nas handbikes da clase 5 (MH5), batendo por 11 minutos de diferenza a Antonio Morcillo despois de dúas voltas. O terceiro título galego conquistouno a baionesa Milagros López coas cores do Neuroimpulse-Galicia. A handbiker da clase 4 (WH4) mellorou en 13 minutos logo de dúas voltas a marca de Pilar Montoya (Castilla-La Mancha).

A Selección de Galicia sumou dous podios máis nas ‘cronos’. María José Pose ocupou a segunda posición na clase WH3, rematando a 3:20 da gañadora Eva López (Andalucía), e Ángel Plácido López finalizou terceiro en MH2. Os outros resultados do combinado anfitrión nas CRI foron a quinta praza de Óscar López en MC3, os sexto postos de Severino Mata en MC5, de Alejandro González en MH3 e de Víctor García e Felipe López nos tándems, e a décima posición de José Antonio Bugarín en MC5.

imagen

O Campionato de España concluíu en Friol o domingo coas carreiras de fondo no mesmo circuíto que o día anterior. Tal e como acontecera no 2024, Damián Ramos e Iván Montero pecharon a cita máis importante do calendario estatal cun ‘dobrete’. O corredor de bicicleta adaptada adxudicouse o título nesta ocasión por 1 minuto de vantaxe sobre César Neira (Kapelmur). Pola súa banda, o handbiker volveu ter como acompañante no podio a Antonio Morcillo.

Os mesmos metais que na véspera conseguíronos María José Pose, prata en WH3, e Ángel Plácido López, bronce en MH2. Á lista de medallistas da Selección de Breogán incorporouse Óscar López, terceiro en MC3 tras xogarse o subcampionato ao esprint con Carlos Gorospe (Kemen Pertsona) e Joan del Río (Catalunya), segundo e cuarto respectivamente. A actuación de Galicia completouse coa quinta posición de Severino Mata e a undécima de José Antonio Bugarín en MC5, e os sétimos postos de Alejandro González en MH3 e do tándem Víctor García-Felipe López.

imagen

Máis información

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es