062024
O calendario 2024 de Xornada de Tecnificación para o pelotón de Estrada péchase o domingo 16 de xuño pola tarde. Ese día as corredoras e os corredores da categoría infantil que reciban a citación da da Federación Ciclismo Galego (FCG) participarán nunha actividade formativa na pista de Torneiros, no Concello do Porriño. A convocatoria será comunicada aos clubs despois do Trofeo Entidad Local Menor de Bembrive que este vindeiro domingo organiza o Club Ciclista Vigués.
A actividade en territorio porriñés estará dirixida por Jacobo Ucha, técnico e seleccionador da FCG. Tal e como se traballa co resto das categorías, a Xornada de Tecnificación para infantís combinará adestramento e formación. A través deste método búscase corroborar o estado físico das promesas do noso ciclismo, así como ofrecerlles novos coñecementos e consellos. No que vai de ano xa participaron nestas convivencias ciclistas de estrada sub-23, juniors e cadetes.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
CICLISMO GALEGO FEDERACION
Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158