Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Xornada de Tecnificación FCG para corredores infantís, cadetes e juniors de XCO

072024

Este domingo en Marín

Xornada-de-Tecnificacion-FCG-para-corredores-infantis-cadetes-e-juniors-de-XCO

Foto: Luz Iglesias

Unha semana despois da Xornada de Tecnificación para as corredoras infantís, cadetes e juniors celebrada en Moaña, este domingo 9 de xuño tócalle aos corredores do Cross Country Olímpico (XCO) das mesmas categorías. De novo na península do Morrazo, a localidade anfitrioa será Marín. A Federación Ciclismo Galego (FCG) convocou a 25 bikers para unha convivencia formativa no circuíto do Xaxán

O plan de traballo deseñado por Alberto del Río, técnico e seleccionador FCG, segue as mesmas pautas que o da concentración feminina. Os corredores adestrarán pola mañá e, despois de xantar, recibirán charlas. As Xornadas de Tecnificación teñen como obxectivo comprobar o estado de forma das promesas do noso ciclismo, así como ofrecerlles novos coñecementos e consellos. 

 
Logo secundario CICLISMO GALEGO FEDERACION

CICLISMO GALEGO FEDERACION

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158