07 DE JUNIO DE 2024
Foto: Luz Iglesias
Unha semana despois da Xornada de Tecnificación para as corredoras infantís, cadetes e juniors celebrada en Moaña, este domingo 9 de xuño tócalle aos corredores do Cross Country Olímpico (XCO) das mesmas categorías. De novo na península do Morrazo, a localidade anfitrioa será Marín. A Federación Ciclismo Galego (FCG) convocou a 25 bikers para unha convivencia formativa no circuíto do Xaxán.
O plan de traballo deseñado por Alberto del Río, técnico e seleccionador FCG, segue as mesmas pautas que o da concentración feminina. Os corredores adestrarán pola mañá e, despois de xantar, recibirán charlas. As Xornadas de Tecnificación teñen como obxectivo comprobar o estado de forma das promesas do noso ciclismo, así como ofrecerlles novos coñecementos e consellos.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es