192025
Traballar coa base do noso deporte é unha das prioridades da Federación Ciclismo Galego (FCG). Nesa liña de actuación, está consolidada a iniciativa das Xornadas de Tecnificación, aplicada a diferentes categorías de cada unha das modalidades. O calendario programado para o pelotón de Estrada no 2025 pechouse o pasado domingo no polígono do Vío na Coruña, onde unha vintena de promesas en idade Infantil participaron nesta actividade formativa.
As dez rapazas e outros tantos rapaces que acudiron á citación de Jacobo Ucha adestraron ás ordes do técnico da FCG. Estas convivencias están deseñadas para avaliar o nivel das corredoras e dos corredores, ofrecerlles consellos e, ao mesmo tempo, estreitar lazos antes de asistir a competicións coa Selección de Galicia. No caso da categoría Infantil, o seu Campionato de España terá lugar en Tarazona de la Mancha (Albacete) na primeira semana de xullo.
Con esta Tecnificación completouse o calendario destas citas formativas sobre o asfalto. Comezou en abril coa concentración Sub-23 masculina en Padrón e dende entón aplicouse o mesmo método de traballo co ciclismo feminino en Ponteareas, cos júniores en Caldas de Reis e cos cadetes en Poio.
A rolda que aínda non rematou é a de BTT. De feito, nestes últimos días do mes de xuño vanse celebrar ata tres xornadas de Cross Country Olímpico. Fai click nesta ligazón para consultar o calendario.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es