242020
O ciclismo de estrada autonómico terá un Campionato de Galicia neste 2020 marcado pola pandemia da Covid-19. O luns 12 de outubro, dende as 11:00 horas, poranse en xogo os título de Contra o Reloxo Individual (CRI) na vila termal ourensá de Baños de Molgas. As inscricións para participar no evento organizado polo Club Ciclista ADO Moure poderán realizarse a partir do domingo 27 de setembro a través da páxina web da Federación Galega de Ciclismo e o prazo para anotarse concluirá o 5 de outubro.
O lugar dos Milagres do Medo será o punto de saída e chegada do percorrido de 13 quilómetros. Nesta proba, que tamén exercerá de Copa Deputación, poderán competir ciclistas das seguintes categorías: Cadete feminina, Cadete masculina, Júnior feminina, Júnior masculinina, Sub23 feminina, Sub23 masculina, Elite masculina, Elite feminina, Máster-30 feminina, Máster-30 masculina, Máster-40 feminina, Máster-40 masculina, Máster-50 feminina, Máster-50 masculina, Máster-60 e Ciclismo Adaptado.
O límite de participantes está fixado en 300 ciclistas, que deben pertencer a unha das catro provincias galegas. A recollida dos dorsais realizarase o mesmo día da proba, entre as 08:00 e as 10:30. As corredoras e corredores que teñan dorsal asignado para esta temporada deberán competir con el.
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
PROBAS DEPORTIVAS
CICLISMO GALEGO FEDERACION
Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158