Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Campionato de Galicia de CRI celebrarase o 12 de outubro en Baños de Molgas

24 DE SEPTIEMBRE DE 2020

As inscricións abriranse o 27 de setembro

O-Campionato-de-Galicia-de-CRI-celebrarase-o-12-de-outubro-en-Banos-de-Molgas

O ciclismo de estrada autonómico terá un Campionato de Galicia neste 2020 marcado pola pandemia da Covid-19. O luns 12 de outubro, dende as 11:00 horas, poranse en xogo os título de Contra o Reloxo Individual (CRI) na vila termal ourensá de Baños de Molgas. As inscricións para participar no evento organizado polo Club Ciclista ADO Moure poderán realizarse a partir do domingo 27 de setembro a través da páxina web da Federación Galega de Ciclismo e o prazo para anotarse concluirá o 5 de outubro. 

O lugar dos Milagres do Medo será o punto de saída e chegada do percorrido de 13 quilómetros. Nesta proba, que tamén exercerá de Copa Deputación, poderán competir ciclistas das seguintes categorías: Cadete feminina, Cadete masculina, Júnior feminina, Júnior masculinina, Sub23 feminina, Sub23 masculina, Elite masculina, Elite feminina, Máster-30 feminina, Máster-30 masculina, Máster-40 feminina, Máster-40 masculina, Máster-50 feminina, Máster-50 masculina, Máster-60 e Ciclismo Adaptado.

O límite de participantes está fixado en 300 ciclistas, que deben pertencer a unha das catro provincias galegas. A recollida dos dorsais realizarase o mesmo día da proba, entre as 08:00 e as 10:30. As corredoras e corredores que teñan dorsal asignado para esta temporada deberán competir con el. 

 

GALERÍA DE FOTOS

O Campionato de Galicia de CRI celebrarase o 12 de outubro en Baños de Molgas
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es