Facebook Twitter Youtube Instagram Español

O Open de España de Descenso arrancou en Sant Andreu con catro podios galegos

10 DE MARZO DE 2020

O Open de España de Descenso arrancou en Sant Andreu con catro podios galegos

O-Open-de-Espana-de-Descenso-arrancou-en-Sant-Andreu-con-catro-podios-galegos

Cita de nivel para abrir o Open de España DHI 2020. O Descenso Sant Andreu de la Barca RockShox Gran Premi Diputació de Barcelona, proba de categoría UCI C1, reuniu a 260 partipantes o pasado domingo na súa XXVII edición. Os tres riders galegos que triunfaron nos seus rankings o ano pasado comezaron a temporada pisando o caixón e a este trío uniuse unha corredora que decidiu regresar á competición.

Rosi Martínez está de volta despois dunha longa paréntese e quen fora campioa de España por última vez no 2016 acadou a terceira posición en Sant Andreu. A elite viguesa detivo o reloxo en 2 minutos e 27 segundos, finalizando a 10" de Elisabeth Guillén (Odena) e a 13" da vencedora Telma Torregrosa (Premia de Dalt).

Nas máster-30 Fany Cabarcos (Rocasport Giant) foise ao chan na final e limitouse a cruzar a liña de meta para vestirse de líder da súa categoría ao ser a única participante. 

A terceira praza de podio para o noso DHI feminino conseguiuno Uxía Álvarez (Coruxo), terceira nas juniors. A gañadora cadete do Open no 2019 mellorou na final en 12 segundos (2:30) o crono rubricado na clasificatoria. Quedouse a menos de 1" de Naroa Arambarri (Lagun Onak) e a 9" de Aina González (IJ Racing).

En canto á competición masculina, o defensor da coroa Manuel Pellón (BDM Bike Club) marcou o mellor rexistro entre os máster-30 nas clasificatoria, pero na final non puido rebaixar o 1:50 asinado por Fernando Olañeta (Betibehera) e o de As Pontes rematou segundo a 2" do gañador.  A terceira posición ocupouna Joan Vicente (Vila Bike).

O segundo dos catro eventos que compoñen o calendario deste certame será o IV Gran Premio El Raso-Candeleda-Gredos o vindeiro 31 de maio.

Máis información

 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es