Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Pablo Rodríguez e Ángel Suárez estarán no innovador Campionato do Mundo de Glasgow

212023

O corredor macedao de XCO e o rider vigués de DHI representarán a España do 3 ao 12 de agosto en Escocia

Pablo-Rodriguez-e-angel-Suarez-estaran-no-innovador-Campionato-do-Mundo-de-Glasgow

Restan dúas semanas para que comecen os primeiros súper mundiais da historia. Un evento que agrupará a celebración do Campionato do Mundo de todas as modalidades de ciclismo (agás o ciclocrós) nunha mesma sede, a cidade escosesa de Glasgow, nun abanico de dez días. Nese macroevento do 3 ao 12 de agosto competirán dous corredores galegos de BTT con España: Pablo Rodríguez e Ángel Suárez. 

Mikel Zabala e Anna Villar, seleccionadores de bicicleta de montaña da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC), confeccionaron unha lista de 27 ciclistas na que están os dous habituais representantes da nosa comunidade nas últimas edicións dos mundias. No Cross Country Olímpico, o macedao Pablo Rodríguez asinou o ano pasado a 20ª posición no Mundial que tivo lugar en Les Gets (Francia) e hai menos dun mes finalizou 25º nos Xogos Europeos de Cracovia. O biker do BH Coloma Team e os seus tres compañeiros elites no combinado de XCO -David Valero, David Campos e Jofre Cullell- afrontarán o 12 de agosto a carreira raíña masculina no circuíto de Glentress Forest.

En canto ao Descenso, que se disputará do 3 ao 5 de agosto, o vigués Ángel Suárez buscará desquitarse da caída que no 2022 frustrou as súas aspiracións de medalla no Campionato do Mundo. A baixada de Fort Williams trae moi bos recordos ao rider do Primal Unno Project porque neste mítico escenario obtivo a pasada campaña un top-10 na Copa do Mundo. O catalán Pau Menoyo será o outro elite da selección española de DHI nesta cita. 

Máis información 

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es