Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Damián Ramos chega como líder C4 ao desenlace da Copa do Mundo de Ciclismo Paralímpico en Maniago

152024

O corredor coruñés forma parte da convocatoria da selección española que compite en Italia desde este xoves

Damian-Ramos-chega-como-lider-C4-ao-desenlace-da-Copa-do-Mundo-de-Ciclismo-Paralimpico-en-Maniago

Foto: Louriña - Team XE

Dúas semanas despois de saír vestido de líder de Bélxica, o coruñés Damián Ramos afronta o último evento da Copa do Mundo de Ciclismo Paralímpico. En Maniago resolveranse as clasificacións da competición organizada pola Unión Ciclista Internacional e repartiranse os derradeiros puntos de cara ao proceso de adxudicación de prazas para os Xogos do vindeiro verán en París. O corredor herculino da clase 4 de bicicleta adaptada é un dos quince compoñentes da selección española que competirá en Italia dende este xoves. 

A primeira quenda do paraciclista do Lasal Cocinas - Craega chegará o venres na contra o reloxo individual (CRI) e o domingo volverá a escena para pedalear na proba en ruta. Ata o momento, Ramos suma dous ouros e dous bronces nas catros xornadas disputadas da Copa do Mundo 2024. Tanto en Adelaida (Australia) como en Ostende, impúxose na 'crono' e fixo terceiro na carreira de fondo. Estes resultados permítenlle presentarse en Maniago co título C4 practicamente no peto. Para perdelo tería que abandonar nas dúas citas que lle restan. 

Máis información

 
Logo secundario CICLISMO GALEGO FEDERACION

CICLISMO GALEGO FEDERACION

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158