Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Damián Ramos adxudícase a Copa do Mundo de Ciclismo Paralímpico na clase C4

212024

O corredor coruñés de bicicleta adaptada selou o título en Maniago (Italia)

Damian-Ramos-adxudicase-a-Copa-do-Mundo-de-Ciclismo-Paralimpico-na-clase-C4-

Éxito internacional ao máis alto nivel para un corredor galego. A Copa do Mundo de Ciclismo Paralímpico 2024 ten como gañador final da clase 4 de bicicleta adaptada a Damián Ramos. No seu camiño cara ao Xogos deste verán en París, o paraciclista coruñés da selección española recibiu este domingo en Maniago (Italia) un dos premios máis importantes da súa carreira. 

O vixente campión de Europa en liña presentouse no último dos tres eventos da Copa do Mundo co título no peto. Para certificalo só tiña que rematar unha das dúas probas disputadas en territorio italiano. Lonxe de ser conformista, o corredor do Lasal Cocinas-Craega meteuse de cheo na loita polas medallas, pero nesta ocasión resistirónselle. Damián Ramos fixo cuarto na contra o reloxo do venres, a 5 segundos do terceiro clasificado Gatien Le Rousseau (Francia), e dous días despois esprintou nun grupo de catorce unidades que se xogou a segunda e a terceira praza na carreira de fondo, tendo que conformarse co quinto posto. Ambas citas dominounas Kevin Le Cunff Francia). 

A xeral da clase C4 xa estaba virtualmente sentenciada grazas aos resultados do herculino en Adelaida e en Ostende. Tanto no evento australiano como no belga impuxérase na CRI e lograra a terceira posición na proba en liña. A selección española que dirixe Félix García Casas conquistou outra camisola de líder final da Copa do Mundo 2024, a C1 por medio do valenciano Ricardo Ten. 

imagen

O outro galego que competiu en Maniago tamén regresou satisfeito do nordeste de Italia. Defendendo as cores do seu equipo, o handbiker Iván Montero (Neuroimpulse - Galicia) asinou na clase 5 a décimo cuarta praza na contra o reloxo, a décimo sexta na carreira de fondo e ademais participou no Team Relay, terminando undécimo como membro do trío formado xunto ao andaluz Héctor Esturillo e o italiano Giovanni Pagotto.

Clasificacións

Máis información

 

 
Logo secundario CICLISMO GALEGO FEDERACION

CICLISMO GALEGO FEDERACION

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158