Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Saúl Vilar compite coa selección española de BMX Freestyle Park nas Brussels Urban Sessions

262024

O prestixioso festival de deportes urbanos arranca este xoves na capital belga

Saul-Vilar-compite-coa-seleccion-espanola-de-BMX-Freestyle-Park-nas-Brussels-Urban-Sessions

A Selección Española de BMX Freestyle Park competirá esta semana no Brussels Urban Sessions, un festival que se desenvolverá do xoves 27 ao domingo 30 de xuño e que contará con categoría CL1. Ata a capital belga desprazaranse algúns dos mellores riders do planeta para preparar os Xogos Olímpicos, xa que esta será a última gran competición antes de París 2024, e na nómina de participantes atópase o sub-23 galego Saúl Vilar.

A selección española, que estará integrada polo vigués do BMX Cromoly e polo tamén sub-23 Pol Díaz, aproveitará esta oportunidade para brindar a dous dos seus mozos máis prometedores a ocasión de medirse aos mellores especialistas da actualidade antes de que comecen a competir no futuro próximo en probas de Copa do Mundo.

Para o xoves está fixada a primeira xornada de adestramentos, mentres que o venres chegará a manga clasificatoria. No caso de avanzar de rolda, o sábado disputaranse as semifinais e o domingo, a final.

Máis información 

 
Logo secundario CICLISMO GALEGO FEDERACION

CICLISMO GALEGO FEDERACION

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158