Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Convocatoria de Galicia para o Campionato de España de XCM

222025

Sete bikers defenderán as cores da Selección de Breogán este domingo en León

Convocatoria-de-Galicia-para-o-Campionato-de-Espana-de-XCM

A MMR Power Race León outorga este domingo, 25 de maio, os títulos do Campionato de España de Cross Country Maratón (XCM). A Selección de Galicia acode a esta cita con sete bikers, catro mulleres e tres homes, e contará con representación en tres categorías (elite feminina, elite masculina e sub-23 masculina). A convocatoria confeccionada polo seleccionador Jacobo Ucha é a seguinte:

Elite F

Tamara Seijas Fernández (RG Bikes Scott Team)

Raquel Román Sarmiento (Bici Verde)

Lara Lois García (RG Bikes Scott Team)

Mar Delgado González (Monteneme Calvo XC Team)

 

Elite M

Brandán Márquez Fernández (V Bikes Team)

 

Sub-23 M

Adrián Caamaño Rico (Extol Zambora.es)

Iago Carou Moledo (Máster da Louriña)

 

Entre os candidatos á vitoria na categoría elite masculina está o macedao Pablo Rodríguez, que competirá co seu equipo Buff Megamo Team. León será o punto de partido e de chegada dun percorrido de 101 quilómetros e máis de 2.100 metros de desnivel positivo acumulado. A proba tamén transcorrerá polos municipios de Carbajal de la Legua, Cabanillas, La Seca, Benllera, Camposagrado e Valsemana. 

Máis información 

 

 

 

 

 

 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es