OBSERVACIONES
Categorías Cadete masculino, cadete feminino e junior feminino farán un percurso máis curto de 11.6 Kms
O resto de categorías farán o percurso máis longo de 20.3 Kms
Adxúntase na documentación da proba,guía técnica, rutómetro,arquivo GPX, perfil e mapas dos distintos percorridos.
A orde de saída será publicada o venres 13 de Maio
Tasa de inscripción:
-10 Euros categorías Máster
-0 euros resto de categorías.
Están permitidos os vehículos seguidores sempre e cando o conductor do vehículo teña licencia en vigor e acorde a categoría do ciclista que desexe seguir:
Nivel 1: Cadetes e Masters
Nivel 2: Juniors
Nivel 3: Élite Sub23
O incumplimento desta regra suporá a descalificación do corredor.
Sistema de cronometraxe electrónico da FGC:
Todos os deportistas das categorías que desexen participar nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo deberán posuír un chip activo. Poderá adquirir dito chip a través da plataforma de inscricións das probas das seguinte formas:
• En aluguer, cun custe de 2 € para cada proba, o chip será devolto o termo da proba para o cal se aluga.
• En propiedade, cun custe de 66,55 €** para uso en todas as probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo. Os chips teñen unha durabilidade da batería de entre 5 e 7 anos.
• Para as categorías Cadete,Júnior,Élite-Sub23 e Adaptado cederáselle un chip que será devolto o remate da proba, sen custe de aluguer.
** Este importe adaptarase según o prezo do chip da empresa subministradora RACERESULT (https://www.raceresult.com/es-es/shop/ActiveTransponders.php)
Os ciclistas que extravíen ou se esquezan o chip en propiedade, á hora de formalizar a inscrición deberán solicitar obrigatoriamente outro chip activo que entregarase en modo CESIÓN, procedendo ao pago do chip extraviado ou esquecido dunha fianza por un importe de 70 €.
Unha vez devolto o chip extraviado ou esquecido procederase a devolución da fianza dos 70 €, si se produce no mesmo día da proba, realizarase en efectivo, se é un día distinto da proba a través de transferencia bancaria.
Os ciclistas que non devolvan o chip activo alugado ou cedido, no caso dos cadetes e júnior, ao termino da proba, deberán abonar 70 euros, procedendo á facturación do devandito chip.
O prazo de devolución do chip ou abono dos 70 € será de 15 dias, se nese tempo non se producise, procederase o bloqueo da inscricións nas probas do calendario galego de ciclismo.
Non esta permitido o uso compartido dos chips.
Queda totalmente prohibida a participación nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo sen o chip activo, todos os deportistas que compitan sen el anularáselle o seu resultado.
PROBAS CON CRONOMETRAXE ELECTRONICO DA FGC 2022.
· COPA GALICIA ESTRADA CADETES
· CAMPIONATO DE GALICIA CICLOCROSS
· CAMPIONATO DE GALICIA RESISTENCIA
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA CADETE, JUNIOR E FEMINAS
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA ELITE.
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA MÁSTER.
· II TROFEO FEDERACION DHI MANZANEDA BIKEPARK
· IV TROFEO FEDERACION DHI - MANZANEDA BIKE PARK
· OUTRAS PROBAS QUE CONTRATEN O SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO CA FGC.