VIII RUTA BTT RIA DE NOIA
O Club Peña Ciclista Toxo, organiza a VIII Ruta Btt Ría de Noia, marcha cicloturista federada que se celebrará o día 06 de Marzo de 2022. As 08:00 horas dará comenzó a recollida de dorsais, e as 09:00 horas a saída. A saída será dende O Paseo Marítimo de Labarta Noia, e a chegada na rúa Labarta segundo o seguinte:
Regulamento Xeral.
1- A VIII Ruta Btt Ría de Noia non terá carácter competitivo, os participantes consideraranse en excursión persoal e polo tanto deberán respetar as normas de circulación vixentes, as indicacións dos axentes de tráfico, do personal de protección civil e dos membros da organización.
2- O percorrido será de uns 50 kilometros. Tendo duas distancias ruta larga de uns 50 kilometros e ruta corta de uns 27 kilometros. Terá unha dificultade técnica media e unha dureza media-alta, apta para todos os practicantes habituais de Btt que gusten de disfrutar de camiños e corredoiras de terra. Está deseñada para completarse nunhas 5 horas aproximadamente. Aqueles participantes que non pasen no horario previsto pola organización nos puntos de corte, serán desviados por un percorrido alternativo que enlazará coa ruta máis adiante.
3- Poderán participar persoas comprendidas entre categoría cadete ata master 60, tanto feminino como masculino . Os menores de 18 anos deberán presentar obligatoriamente unha autorización asinada polo seu pai, nai ou titor legal.
4- Os deportistas acederan con certificado de vacinación con pauta completa ou test PCR ou antíxenos negativo.
5- A marcha será de ritmo libre na súa totalidade ainda que a organización resérvase o dereito de controlar ou neutralizar a mesma se circunstacias especiais o aconsellasen. Está absolutamente prohibido adiantar ó vehículo a motor que encabeza a marcha. A existencia deste vehículo non supón a paralización do tráfico nas estradas nin no cruce das mesmas.
6- Todo participante que non respete este regulamento, as normas de convivencia, que tiren lixo ó chan, circule sen levar o dorsal de xeito visible ou non acate as instruccións dos membros da organización, será expulsado da marcha de xeito inmediato e se fose necesario sería denunciado as autoridades competentes.
7- Para os participantes da marcha haberá diferentes controis de paso estratexicamente situados. A organización resérvase o dereito de desviar por percorridos alternativos máis curtos a aqueles participantes que superen os tempos máximos de paso establecidos. Os participantes que non acepten estas normas aplicaraselles os procedementos reflectidos no artigo 5.
8- E absolutamente obrigatorio o uso de casco regulamentario durante todo o percorrido.
9- Os participantes son responsables de atoparse nun estado físico axeitado para afrontar o percorrido establecido.
10- O percorrido está debidamente sinalizado. Antes da saída, informarase axeitadamente da características da sinalización e das precaucións especiais que sexan de importancia e a ter en conta en certos tramos.
11- Estará a disposición de todos os participantes un servicio de primeiros auxilios e se fose necesario dunha ambulancia. No caso de que fose preciso, procederase ó traslado do accidentado a algún dos centros médicos concertados co seguro da proba. Os participantes que non dispoñan de licencia federativa quedarán cubertos por un seguro de accidentes con validez dun día, que suscribirán no mesmo momento de formalizar a inscrición.
12- Haberá varios vehículos de asistencia para transportar bicicletas e participantes con problemas. Os participantes son responsables de presentarse na saída coa bicicleta cun estado mecánico axeitado para circular con seguridade polo percorrido da marcha. Así mesmo todos os participantes deberán ir dotados do “KIT” básico de reparación, ainda que tamén dita proba vai ter servicio de mecánica de pequeñas averías por membros da organización.
13- A organización reservase o dereito de participación de ata 400 ciclistas, reservándose a orde de inscrición. Consideraranse como inscritos todos aqueles que remitan a solicitude a organización e pagada a taxa de inscrición en tempo e forma.
14- Haberá tres avituallamentos que estarán distribuidos da maneira seguinte: - Un líquido sobre o kilómetro 12. - Un líquido e solido sobre o kilómetro 20. - Un líquido e solido sobre o kilómetro 35.
15- A organización non se fará responsable daqueles danos que poidan producir os participantes a terceiros, derivados de conductas imprudentes alleas a organización, nin das sancións que lles poidan corresponder por non respetar o código de circulación vixente.
16- A aceptación do presente regulamento implica, necesariamente, que o participante autoriza a Organización para a gravación total ou parcial da súa participación na Marcha, presta o seu consentimento para que poida ser usado a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de todas as formas posibles (radio, prensa, vídeo, fotografía, DVD, internet, carteis, medios comunicación, etc.), e cede todos os dereitos de explotación comercial e publicidade que a Organización considere adecuado executar (dentro dos seus fines benéficos), sen dereito da súa parte para recibir unha compensación económica.
17- No caso da suspensión da proba por motivos de forza maior reintegrarase o 100% da cota de inscrición
18- Todo participante inscrito podrá solicitar a devolución de inscrición ata o dia 21/02/2022 ata as 23.59 recuperando un 70% do valor da cuota pagada , a partires de esta data ata o dia 02/03/2022 non será posible o reintegro da cuota.
19- Todo participante podrá ceder a sua praza a outro compañeiro dende o dia 01/02/2022 ate o dia 02/03/2022
20- O feito de inscribirse nesta marcha, leva implícita a aceptación da totalidade destas normas.