OBSERVACIONES
Taxa de inscrición da proba:
Gratis – Categoría Júnior, masculina e feminina.
10,00 € - Resto de categorías.
Sistema de cronometraxe electrónico da FGC:
Todos os deportistas das categorías que desexen participar nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo deberán posuír un chip activo. Poderase adquirir dito chip a través da plataforma de inscricións das probas das seguinte formas:
• En aluguer, cun custe de 2 € para cada proba, o chip será devolto o termo da proba para o cal se aluga.
• En propiedade, cun custe de 66,55 €** para uso en todas as probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo. Os chips teñen unha durabilidade da batería de entre 5 e 7 anos.
• Para a categoría Júnior, por ser de carácter formativo, en cada proba se lle cedera un chip que será devolto o remate da proba, sen custe de aluguer.
** este importe adaptarase según o prezo do chip da empresa suministradora RACE RESULT (https://www.raceresult.com/es-es/shop/ActiveTransponders.php)
Os ciclistas que extravíen ou se esquezan o chip en propiedade, á hora de formalizar a inscrición deberán solicitar obrigatoriamente outro chip activo que entregarase en modo CESIÓN, procedendo ao pago do chip extraviado ou esquecido dunha fianza por un importe de 70 €.
Unha vez devolto o chip extraviado ou esquecido procederase a devolución da fianza dos 70 €, si se produce no mesmo día da proba, realizarase en efectivo, se é un día distinto da proba a través de transferencia bancaria.
Os ciclistas que non devolvan o chip activo alugado ou cedido, no caso dos cadetes e júnior, ao termino da proba, deberán abonar 70 euros, procedendo á facturación do devandito chip.
O prazo de devolución do chip ou abono dos 70 € será de 15 dias, se nese tempo non se producise, procederase o bloqueo das inscricións nas probas da Federación Galega de Ciclismo
Non esta permitido o uso compartido dos chips.
Queda totalmente prohibida a participación nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo sen o chip activo, todos os deportistas que compitan sen el anularáselle o seu resultado.
Na zona documentos atopara o Protocolo Federación COVID.
3 días antes da celebración da proba todos os participantes da proba (corredores, técnicos, árbitros, etc.) deberán responder unha serie de preguntas relacionadas coa COVID-19 e súa exposición a devandita enfermidade. A cumprimentación de devandito formulario de Trazabilidade, así como a firma da declaración responsable serán necesarias para poder participar na proba.