TOXO, P.C.

3 HORAS BTT DE NOIA

Cartel Prueba

Acerca de la prueba

Taxa de inscrición da proba:

Gratis – Categorías Cadete, Júnior, masculina e feminina.

15,00 € - Resto de categorías.

Sistema de cronometraxe electrónico da FGC:

Todos os deportistas das categorías que desexen participar nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo deberán posuír un chip activo. Poderá adquirir dito chip a través da plataforma de inscricións das probas das seguinte formas:

• En aluguer, cun custe de 2 € para cada proba, o chip será devolto o termo da proba para o cal se aluga.

• En propiedade, cun custe de 66,55 €** para uso en todas as probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo. Os chips teñen unha duravilidade da batería de entre 5 e 7 anos.

• Para as categorías Cadete e Júnior, por ser de carácter formativo, en cada proba se lle cedera un chip que será devolto o remate da proba, sen custe de aluguer.

** este importe adaptarase según o prezo do chip da empresa subministradora RACERESULT (https://www.raceresult.com/es-es/shop/ActiveTransponders.php)

Os ciclistas que extravíen ou se esquezan o chip en propiedade, á hora de formalizar a inscrición deberán solicitar obrigatoriamente outro chip activo que entregarase en modo CESIÓN, procedendo ao pago do chip extraviado ou esquecido dunha fianza por un importe de 70 €.

Unha vez devolto o chip extraviado ou esquecido procederase a devolución da fianza dos 70 €, si se produce no mesmo día da proba, realizarase en efectivo, se é un día distinto da proba a través de transferencia bancaria.

Os ciclistas que non devolvan o chip activo alugado ou cedido, no caso dos cadetes e júnior, ao termino da proba, deberán abonar 70 euros, procedendo á facturación do devandito chip.

O prazo de devolución do chip ou abono dos 70 € será de 15 dias, se nese tempo non se producise, procederase o bloqueo da inscricións nas probas do calendario galego de ciclismo.

Non esta permitido o uso compartido dos chips.

Queda totalmente prohibida a participación nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo sen o chip activo, todos os deportistas que compitan sen el anularáselle o seu resultado. 

PROBAS CON CRONOMETRAXE ELECTRONICO DA FGC 2023.

·        COPA GALICIA CICLOCROSS

·        COPA GALICIA RESISTENCIA

·        COPA GALICIA ESTRADA MASTER

·        COPA GALICIA ESTRADA CADETES

·        COPA GALICIA ESTRADA JUNIOR

·        COPA GALICIA XCO

·        CAMPIONATO DE GALICIA CICLOCROSS

·        CAMPIONATO DE GALICIA RESISTENCIA

·        CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA CADETE, JUNIOR E FEMINAS

·        CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA ELITE.

·        CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA MÁSTER.

·        CAMPIONATO DE GALICIA CRI

·        CAMPIONATO DE GALICIA XCO

·        CAMPIONATO DE GALICIA XCM

·        CAMPIONATO DE GALICIA DHI

·        COPA GALICIA DE DHI

·        OUTRAS PROBAS QUE CONTRATEN O SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO CA FGC.