DH GALICIA, C.

X DHU VILLA DE SARRIA

Cartel Prueba

Acerca de la prueba

 TAXA DE INSCRICIÓN DA PROBA:
 
Categorías Cadete e Infantil, masculina e feminina:  10,00 €
 
Categorías Junior, masculina e feminina:  15,00 €
 
Resto de categorías: 30,00 €
 
SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO DA FGC:
 
Todos os deportistas das categorías que desexen participar nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo deberán posuír un chip activo. Poderá adquirir dito chip a través da plataforma de inscricións das probas das seguinte formas:
 
• En aluguer, cun custe de 2 € para cada proba, o chip será devolto o termo da proba para o cal se aluga.
 
• En propiedade, cun custe de 66,55 €** para uso en todas as probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo. Os chips teñen unha duravilidade da batería de entre 5 e 7 anos.
 
• Para as categorías Cadete e Júnior, por ser de carácter formativo, en cada proba se lle cedera un chip que será devolto o remate da proba, sen custe de aluguer.
 
** este importe adaptarase según o prezo do chip da empresa subministradora RACERESULT (https://www.raceresult.com/es-es/shop/ActiveTransponders.php)
 
Os ciclistas que extravíen ou se esquezan o chip en propiedade, á hora de formalizar a inscrición deberán solicitar obrigatoriamente outro chip activo que entregarase en modo CESIÓN, procedendo ao pago do chip extraviado ou esquecido dunha fianza por un importe de 70 €.
 
Unha vez devolto o chip extraviado ou esquecido procederase a devolución da fianza dos 70 €, si se produce no mesmo día da proba, realizarase en efectivo, se é un día distinto da proba a través de transferencia bancaria.
 
Os ciclistas que non devolvan o chip activo alugado ou cedido, no caso dos cadetes e júnior, ao termino da proba, deberán abonar 70 euros, procedendo á facturación do devandito chip.
 
O prazo de devolución do chip ou abono dos 70 € será de 15 dias, se nese tempo non se producise, procederase o bloqueo da inscricións nas probas do calendario galego de ciclismo.
 
Non esta permitido o uso compartido dos chips.
 
Queda totalmente prohibida a participación nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo sen o chip activo. 
 
PROBAS CON CRONOMETRAXE ELECTRONICO DA FGC 2023.
 
·        COPA GALICIA CICLOCROSS
 
·        COPA GALICIA RESISTENCIA
 
·        COPA GALICIA ESTRADA MASTER
 
·        COPA GALICIA ESTRADA CADETES
 
·        COPA GALICIA ESTRADA JUNIOR
 
·        COPA GALICIA XCO
 
·        COPA GALICIA DE DHI
 
·        COPA GALICIA DE PUMP TRACK
 
·        CAMPIONATO DE GALICIA CICLOCROSS
 
·        CAMPIONATO DE GALICIA RESISTENCIA
 
·        CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA CADETE, JUNIOR E FEMINAS
 
·        CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA ELITE.
 
·        CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA MÁSTER.
 
·        CAMPIONATO DE GALICIA CRI
 
·        CAMPIONATO DE GALICIA XCO
 
·        CAMPIONATO DE GALICIA XCM
 
·        CAMPIONATO DE GALICIA DHI
 
·        CAMPIONATO DE GALICIA PUMP TRACK
 
·        OUTRAS PROBAS QUE CONTRATEN O SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO CA FGC.