EDR 2024 “ENTRE DÚAS RÍAS”
MUGARDOS – ARES - MUGARDOS
22-09-2024
Regulamento da Proba
Art.1.- O CLUB PULPEIROS MUGARDOS, CON A COLABORACION DOS CONCELLOS DE MUGARDOS E ARES, COA DEBIDA AUTORIZACIÓN DA FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO E OS ORGANISMOS COMPETENTES, ORGANIZAN A “EDR 2024” QUE SE CELEBRARA O DÍA 22 DE SETEMBRO DE 2024.
Art.2.- ESTA MARCHA CICLISTA DE MONTAÑA ESTÁ ABERTA PARA TODOS OS CICLISTAS QUE ESTEN EN POSESIÓN DA LICENZA FEDERATIVA DO ANO EN CURSO, E QUE TEÑAN 15 ANOS OU OS CUMPRAN DURANTE O ANO 2024 OU QUEN NON TEÑA LICENZA FEDERATIVA, QUE A PODERÁ OBTER DE FORMA PROVISONAL, VALIDA SÓ PARA O DÍA DA PROBA, CONCEDIDA POLA FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO, DEBENDO PAGAR UN SUPLEMENTO Á COTA DE INSCRICIÓN DE 10 €. AS INSCRICIÓNS PARA OS PARTICIPANTES SEN LICENZA FEDERATIVA, EXPLÍCASE NO ARTÍGO 11.
Art.3.- A MARCHA SERÁ NEUTRALIZADA E SE DESENRROLA EXCLUSIVAMENTE POR CAMIÑOS E SENDEIROS DE MONTAÑA E SO CRUZA EXPORADICAMENTE TRAMOS DE ESTRADAS SECUNDARIAS OU MUNICIPAIS CON MININA INCIDENCIA NO TRAFICO, ATENDENDO OS PARTICIPANTES AO RITMO IMPOSTO POLA ORGANIZACIÓN, A RUTA ESTARÁ SINALIZADA, DEBÉNDOSE SEGUIR O CAMIÑO E O RITMO MARCADO POLA ORGANIZACIÓN, NON PUDENDO SER ADIANTADO O GRUPO DE CABEZA EN NINGÚN MOMENTO.
Art.4.- TEREMOS PUNTOS DE AVITUALLAMENTO E REAGRUPAMENTO, DEBENDO SER RESPECTADOS POR TODOS OS PARTICIPANTES. É DE OBRIGADO CUMPRIMENTO A CONSERVACIÓN E O COIDADO DO ENTORNO, FACENDO USO DAS BOLSAS E CONTEDORES DISPOSTO PARA ISO.
Art.5.- SERÁ RIGOROSAMENTE OBRIGATORIO O USO DO CASCO PROTECTOR, O NON RESPECTAR ESTE ARTICULO SUPORÁ A EXCLUSIÓN DA MARCHA.
Art.6.- A “EDR 2024”, TEN UN PERCORRIDO DE 50 KILÓMETROS APROXIMADAMENTE, E SAIRASE ÁS 09,00 HORAS DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE MUGARDOS (A CORUÑA), SENDO O PREZO DE INSCRICIÓN DE 17 €
Art.7.- TODOS OS PARTICIPANTES DEBERAN ATERSE AOS HORARIOS E LUGARES DE PARTIDA REFLECTIDOS NA INFORMACIÓN XERAL, DEBÉNDOSE PRESENTAR SESENTA MINUTOS ANTES DA HORA DE SAÍDA PARA RECOLLER O DORSAL.
Art.8.- SÓ SERÁN CONSIDERADOS PARTICIPANTES, AQUELES QUE TEÑAN PAGADO A COTA DE INSCRICIÓN E LEVEN O DORSAL VISÍBLE. DITO DORSAL SERÁ FACILITADO POLA ORGANIZACIÓN.
Art.9.- ENTREGARANSE RECORDOS A TODOS OS PARTICIPANTES. Ó REMATE DA MARCHA HABERÁ UN TENTEMPÉ PARA TÓDOLOS PARTICIPANTES CON SEN CUSTO (INCLUIDO NA INSCRIPCIÓN), QUE SE IRÁ ENTREGANDO SEGÚN SE VAIA CHEGANDO PARA EVITAR AGLOMERACIÓN E QUE A XENTE POIDA IRSE CADANDO QUEIRA. OS ACOMPAÑANTES DEVERAN ABOAR TAMEN 10 EUROS PARA QUEDAR O XANTAR
Art.10.- A ORGANIZACIÓN MODIFICARA OU TROCARA TODO O RELATIVO O REGULAMENTO, AVITUALLAMENTOS, CAMIÑOS, ETC. UNICAMENTE POR CAUSAS DE FORZA MAIOR E SEMPRE VELANDO PO LA SEGURIDADE DOS PARTICIPANTES DA RUTA, PREVIA SOLICITUDE A FEDERACION GALEGA DE CICLISMO, SEMPRE QUE FOSE POSIBLE EN TEMPO E HORA FACER DITA SOLICITUDE.
Art.11.- O LÍMITE DE PRAZAS SERÁ DE 300, RESERVÁNDOSE A ORDE DE INSCRICIÓN, CONSIDERÁNDOSE COMO INSCRITOS, AQUELES QUE TEÑAN REMITIDO A SOLICITUDE CON TÓDOLOS SEUS DATOS CUBERTOS Á ORGANIZACIÓN E PAGADO A TAXA DE INSCRICIÓN. PARA OS QUE NON TEÑAN LICENZA FEDERATIVA, AS INSCRICIÓNS CERRARÁNSE O MERCORES AS 23:59 HORAS, NON ADMITÍNDOSE INSCRICIÓNS DE PARTICIPANTES SEN LICENZA FEDERATIVA O MESMO DÍA DA PROBA.
Art.12.- A ORGANIZACIÓN DISPÓN DE TODOS OS SEGUROS OBRIGATORIOS, (RESPONSABILIDADE CIVIL E DE ACCIDENTE DEPORTIVO), QUE CORRESPONDE Á ORGANIZACIÓN DE TODO ESTE TIPO DE EVENTOS DEPORTIVOS FACILITADOS POLA FEDERECIÓN GALEGA DE CICLISMO.
Art.13.- TODOS OS PARTICIPANTES DA MARCHA E COLABORADORES DE ESTA, CONSIDÉRANSE EN EXCURSIÓN PERSOAL, E DEBERÁN CUMPRIR O VIXENTE REGULAMENTO DE CIRCULACIÓN, SENDO CADA UN DELES RESPONSÁBLE DAS INFRACCIÓNS QUE PODA COMETER.
Art.14.- OS MENORES DE IDADE, E QUE NON SE ATOPEN EN POSESIÓN DA LICENZA FEDERATIVA DO ANO EN CURSO, PARA PODER PARTICIPAR NA MARCHA, DEBERÁN PRESENTAR UNHA AUTORIZACIÓN PATERNA OU TITORA, ONDE DEBERÁ CONSTAR A AUTORIZACIÓN EXPRESA PARA PODER PARTICIPAR NA “EDR 2024”.
Art.15.- A ORGANIZACIÓN DISPORÁ DE AMBULANCIA E ASISTENCIA SANITARIA.
Art.16.- TODO O NON RELATADO NESTE REGULAMENTO PARTICULAR DA PROBA, SEGUIRASE O REGULAMENTO DE CICLOTURISMO DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO.
Art.17.- O CICLOTURISTA INSCRITO, DECLARA COÑECER E ASUMIR OS RESGOS INHERENTES DA PARTICIPACIÓN NUNHA MARCHA CICLOTURISTA, QUE SEMPRE DISCORRE CON CIRCULACIÓN ABERTA Ó TRÁFICO, ADEMAIS DE ACEPTAR OS RESGOS QUE PARA A SAÚDE PUIDERA SUPOÑER O ESFORZO DEPORTIVO. O MERO FEITO DA INSCRICIÓN NESTA “EDR 2024”, LEVA CONSIGO A ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGULAMENTO, O NON CUMPRIR ALGÚN DOS ARTIGOS MENCIONADOS, DARÍA LUGAR POR PARTE DA ORGANIZACIÓN, Á DESCALIFICACIÓN DO INFRACTOR OU INFRACTORES.