OBSERVACIONES
Tasas de inscrición por etapas:
-50,00 € Volta completa (as 3 etapas)
-15,00 € Etapa 1 Mos-Mos 78.6 KMS
-15,00 € Etapa 2 CRI Ponteareas 5 KMS
-20,00 € Etapa 3 O Porriño-O Porriño 85 KMS
O número de participantes está limitado a 200 prazas, dando prioridade de reserva ós corredores que corran as 3 etapas, logo 2 etapas e por último 1 etapa e por riguroso orde de inscrición.
O PRAZO DE INSCRICIÓN PECHA O DIA : 01/05/2024 as 23:59:59 H
Permítense as inscricións fora de prazo ata o 02/05/2024 as 15:00 H pagando unha penalización de 30€
SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO DA FGC:
Todos os deportistas das categorías que desexen participar nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo deberán posuír un chip activo. Poderá adquirir dito chip a través da plataforma de inscricións das probas das seguinte formas:
• En aluguer, cun custe de 2 € para cada proba, o chip será devolto o termo da proba para o cal se aluga.
• En propiedade, cun custe de 70,18 €** para uso en todas as probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo. Os chips teñen unha durabilidade da batería de entre 5 e 7 anos.
• Para as categorías Cadete e Júnior, por ser de carácter formativo, en cada proba se lle cedera un chip que será devolto o remate da proba, sen custe de aluguer.
** este importe adaptarase según o prezo do chip da empresa subministradora RACERESULT (https://www.raceresult.com/es-es/shop/ActiveTransponders.php)
Os ciclistas que extravíen ou se esquezan o chip en propiedade, á hora de formalizar a inscrición deberán solicitar obrigatoriamente outro chip activo que entregarase en modo CESIÓN, procedendo ao pago do chip extraviado ou esquecido dunha fianza por un importe de 80 €.
Unha vez devolto o chip extraviado ou esquecido procederase a devolución da fianza dos 80€, si se produce no mesmo día da proba, realizarase en efectivo, se é un día distinto da proba a través de transferencia bancaria.
Os ciclistas que non devolvan o chip activo alugado ou cedido, no caso dos cadetes e júnior, ao termino da proba, deberán abonar 80 euros, procedendo á facturación do devandito chip.
O prazo de devolución do chip ou abono dos 80 € será de 15 dias, se nese tempo non se producise, procederase o bloqueo da inscricións nas probas do calendario galego de ciclismo.
Non esta permitido o uso compartido dos chips.
Queda totalmente prohibida a participación nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo sen o chip activo.
PROBAS CON CRONOMETRAXE ELECTRONICO DA FGC 2024.
· COPA GALICIA ESTRADA CADETES
· COPA GALICIA DE DHI
· COPA GALICIA DE PUMP TRACK
· CAMPIONATO DE GALICIA CICLOCROSS
· CAMPIONATO DE GALICIA RESISTENCIA
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA CADETE, JUNIOR E FEMINAS
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA ELITE.
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA MÁSTER.
. CAMPIONATO DE GALICIA PUMP TRACK
· OUTRAS PROBAS QUE CONTRATEN O SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO CA FGC.