OBSERVACIONES
- O DORSAL ASINADO E DE USO OBRIGATORIO PARA A TEMPADA 2024 NAS PROBAS DE BTT PUMTRACK - MINIBTT E MINIDH
- O PRAZO DE INSCRICION PECHA O DIA : Segun o artigo "I-I.- PREINSCRICIÓNS E INSCRICIÓNS" da normativa tecnica da FGC.
- Como chegar: Camiño do Malecón de Sarria
TAXA DE INSCRICIÓN DA PROBA:
A taxa de inscrición e gratuíta para todas as categorías.
*Permítese a inscrición de non federados (licencias de 1 día) cun custo de 5 euros.
SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO DA FGC:
Todos os deportistas das categorías que desexen participar nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo deberán posuír un chip activo. Poderá adquirir dito chip a través da plataforma de inscricións das probas das seguinte formas:
• En aluguer, cun custe de 2 € para cada proba, o chip será devolto o termo da proba para o cal se aluga.
• En propiedade, cun custe de 70,18 €** para uso en todas as probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo. Os chips teñen unha duravilidade da batería de entre 5 e 7 anos.
• Para as categorías Cadete e Júnior, por ser de carácter formativo, en cada proba se lle cedera un chip que será devolto o remate da proba, sen custe de aluguer.
** este importe adaptarase según o prezo do chip da empresa subministradora RACERESULT (https://www.raceresult.com/es-es/shop/ActiveTransponders.php)
Os ciclistas non pertencentes a comunidade autónoma de Galicia deberan depositar unha fianza de 80€ a retirada do chip ou no seu defecto algún obxecto suctible de ser devolto que a persoa responsable do reparto valorara se acepta como fianza.
Os ciclistas que extravíen ou se esquezan o chip en propiedade, á hora de formalizar a inscrición deberán solicitar obrigatoriamente outro chip activo que entregarase en modo CESIÓN, procedendo ao pago do chip extraviado ou esquecido dunha fianza por un importe de 80 €.
Unha vez devolto o chip extraviado ou esquecido procederase a devolución da fianza dos 80€, si se produce no mesmo día da proba, realizarase en efectivo, se é un día distinto da proba a través de transferencia bancaria.
Os ciclistas que non devolvan o chip activo alugado ou cedido, no caso dos cadetes e júnior, ao termino da proba, deberán abonar 80 euros, procedendo á facturación do devandito chip.
O prazo de devolución do chip ou abono dos 80 € será de 15 dias, se nese tempo non se producise, procederase o bloqueo da inscricións nas probas do calendario galego de ciclismo.
Non esta permitido o uso compartido dos chips.
Queda totalmente prohibida a participación nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo sen o chip activo.
PROBAS CON CRONOMETRAXE ELECTRONICO DA FGC 2024.
· COPA GALICIA ESTRADA CADETES
· COPA GALICIA XCM
· COPA GALICIA DE DHI
· COPA GALICIA DE PUMP TRACK
· CAMPIONATO DE GALICIA CICLOCROSS
· CAMPIONATO DE GALICIA RESISTENCIA
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA CADETE, JUNIOR E FEMINAS
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA ELITE.
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA MÁSTER.
. CAMPIONATO DE GALICIA PUMP TRACK
· OUTRAS PROBAS QUE CONTRATEN O SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO CA FGC.