OBSERVACIONES
- O DORSAL ASINADO E DE USO OBRIGATORIO PA TODA A TEMPADA 2024-25 NAS PROBAS DE CICLOCROSS DE COPA E CAMPIONATO
- O PRAZO DE INSCRICION PECHA : Segun o artigo "I-I.- PREINSCRICIÓNS E INSCRICIÓNS" da normativa tecnica da FGC.
- Como Chegar: 42.13277728721161, -8.7906947477282
PROBAS DE COPA E CAMPIONATO DE GALICIA DE CICLOCROSS 2024-25
TAXA DE INSCRICIÓN DA PROBA:
Categorías Sub23, Júnior, Cadete e Infantil, masculina e feminina: Gratuita
Resto de categorías: 10,00 €
SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO DA FGC:
Todos os deportistas das categorías que desexen participar nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo deberán posuír un chip activo. Poderá adquirir dito chip a través da plataforma de inscricións das probas das seguinte formas:
• En aluguer, cun custe de 3 € para cada proba, o chip será devolto o termo da proba para o cal se aluga.
• En propiedade, cun custe de 105,28 € para uso en todas as probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo. Os chips teñen unha duravilidade da batería de entre 5 e 7 anos.
• Para as categorías Infantil, Cadete e Júnior, por ser de carácter formativo, en cada proba se lle cedera un chip que será devolto o remate da proba, sen custe de aluguer.
Os ciclistas non pertencentes a comunidade autónoma de Galicia deberan depositar unha fianza de 110 € a retirada do chip ou no seu defecto algún obxecto suctible de ser devolto que a persoa responsable do reparto valorara se acepta como fianza.
Os ciclistas que extravíen ou se esquezan o chip en propiedade, á hora de formalizar a inscrición deberán solicitar obrigatoriamente outro chip activo que entregarase en modo CESIÓN, procedendo ao pago do chip extraviado ou esquecido dunha fianza por un importe de 110 €.
Unha vez devolto o chip extraviado ou esquecido procederase a devolución da fianza dos 110 €, si se produce no mesmo día da proba, realizarase en efectivo, se é un día distinto da proba a través de transferencia bancaria.
Os ciclistas que non devolvan o chip activo alugado ou cedido, no caso dos cadetes e júnior, ao termino da proba, deberán abonar 80 euros, procedendo á facturación do devandito chip.
O prazo de devolución do chip ou abono dos 110 € será de 15 dias, se nese tempo non se producise, procederase o bloqueo da inscricións nas probas do calendario galego de ciclismo.
Non esta permitido o uso compartido dos chips.
Queda totalmente prohibida a participación nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo sen o chip activo.
PROBAS CON CRONOMETRAXE ELECTRONICO DA FGC 2025.
· COPA GALICIA ESTRADA CADETES
· COPA GALICIA XCM
· COPA GALICIA DE DHI
· COPA GALICIA DE PUMP TRACK
· CAMPIONATO DE GALICIA CICLOCROSS
· CAMPIONATO DE GALICIA RESISTENCIA
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA CADETE, JUNIOR E FEMINAS
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA ELITE.
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA MÁSTER.
. CAMPIONATO DE GALICIA PUMP TRACK
· OUTRAS PROBAS QUE CONTRATEN O SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO CA FGC.