CARBALLO C.C.

TROFEO CONCELLO DE CARBALLO 2025

Cartel Prueba

Acerca de la prueba

TAXA DE INSCRICIÓN DA PROBA:

A taxa de inscrición e gratuíta para todas as categorías.

*Permítese a  inscrición de non federados (licencias de 1 día) cun custo de 5 euros pas categorias Promesa, Principiante, Alevin e Infantil.

 

SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO DA FGC:

Todos os deportistas das categorías que desexen participar nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo deberán posuír un chip activo. Poderá adquirir dito chip a través da plataforma de inscricións das probas das seguinte formas:

• En aluguer, cun custe de 3 € para cada proba, o chip será devolto o termo da proba para o cal se aluga.

• En propiedade, cun custe de 105,28 € para uso en todas as probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo. Os chips teñen unha duravilidade da batería de entre 5 e 7 anos.

• Para as categorías Júnior e inferiores, por ser de carácter formativo, en cada proba se lle cedera un chip que será devolto o remate da proba, sen custe de aluguer.

Os ciclistas non pertencentes a comunidade autónoma de Galicia deberan depositar unha fianza de 110 € á retirada do chip.

Os ciclistas que extravíen ou se esquezan o chip, poderán solicitar antes do inicio da proba un chip activo en préstamo, depositando unha fianza de 110 € que lles será devolta ao remate da proba contra a entrega do chip sen danos.

Os ciclistas que, ao remate da proba, non devolvan o chip activo alugado ou cedido en préstamo ou o devolvan en mal estado, deberán abonar 110 euros, procedendo a FGC á facturación do devandito chip.

O prazo de devolución do chip ou abono dos 110 € será de 10 días naturais. Se nese tempo non se produce a devolución ou o pago, procederase o bloqueo da inscricións nas probas do calendario galego de ciclismo.

Non esta permitido o uso compartido dos chips.

Queda totalmente prohibida a participación nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo sen o chip activo.

Non serán válidos os chips non subministrados pola FGC 

PROBAS CON CRONOMETRAXE ELECTRONICO DA FGC 2025.

·        COPA GALICIA CICLOCROSS

·        COPA GALICIA RESISTENCIA

·        COPA GALICIA ESTRADA MASTER

·        COPA GALICIA ESTRADA CADETES

·        COPA GALICIA ESTRADA JUNIOR

·        COPA GALICIA XCO

·        COPA GALICIA XCM

·        COPA GALICIA DE DHI

·        COPA GALICIA DE PUMP TRACK

·        CAMPIONATO DE GALICIA CICLOCROSS

·        CAMPIONATO DE GALICIA RESISTENCIA

·        CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA CADETE, JUNIOR E FEMINAS

·        CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA ELITE.

·        CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA MÁSTER.

·        CAMPIONATO DE GALICIA CRI

·        CAMPIONATO DE GALICIA XCO

·        CAMPIONATO DE GALICIA XCM

·        CAMPIONATO DE GALICIA DHI

.       CAMPIONATO DE GALICIA PUMP TRACK

·        OUTRAS PROBAS QUE CONTRATEN O SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO CA FGC.