SANOMEDIO, A.C.D.

CAMPIONATO DE GALICIA BTT-XCM CONDADO-PARADANTA

Cartel Prueba

Acerca de la prueba

INSCRICIÓN DA PROBA:

Ruta longa e media (competitiva e cicloturista):

·         1º prazo → 25€ (do 30/06/2025 ao 03/08/2025)

·         2º prazo → 30€ (do 04/08/2025 ao 17/09/2025)

 

Ruta curta (non competitiva):

·         1º prazo → 20€ (do 30/06/2025 ao 03/08/2025)

·         2º prazo → 25€ (do 04/08/2025 ao 17/09/2025)

As licencias de un día suporán un custo adicional de 12€, correspondente ao seguro obrigatorio segundo a normativa federativa vixente.

O uso do chip de cronometraxe será obrigatorio para todas as persoas participantes que desexen competir no Campionato de Galicia XCM. En caso de non dispoñer dun chip propio, poderá alugárense cun custo adicional de 3€ e o chip deberá ser devolto ó chegar a meta.

As persoas que non opten á clasificación oficial do Campionato (por exemplo participantes con licenza cicloturista, licenza dun día, e-bikes ou inscritos/as na ruta curta), poderán optar por non alugar o chip, asumindo que:

·         Non serán cronometrados nin figurarán nas listas de tempos.

·         Non terán dereito a trofeos, premios ou agasallos vinculados ó tempo realizado na proba.

SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO DA FGC:

Todos os deportistas das categorías que desexen participar nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo deberán posuír un chip activo. Poderá adquirir dito chip a través da plataforma de inscricións das probas das seguinte formas:

• En aluguer, cun custe de 3 € para cada proba, o chip será devolto o termo da proba para o cal se aluga.

• En propiedade, cun custe de 105,28 € para uso en todas as probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo. Os chips teñen unha duravilidade da batería de entre 5 e 7 anos.

• Para as categorías Júnior e inferiores, por ser de carácter formativo, en cada proba se lle cedera un chip que será devolto o remate da proba, sen custe de aluguer.

Os ciclistas non pertencentes a comunidade autónoma de Galicia deberan depositar unha fianza de 110 € á retirada do chip.

Os ciclistas que extravíen ou se esquezan o chip, poderán solicitar antes do inicio da proba un chip activo en préstamo, depositando unha fianza de 110 € que lles será devolta ao remate da proba contra a entrega do chip sen danos.

Os ciclistas que, ao remate da proba, non devolvan o chip activo alugado ou cedido en préstamo ou o devolvan en mal estado, deberán abonar 110 euros, procedendo a FGC á facturación do devandito chip.

O prazo de devolución do chip ou abono dos 110 € será de 10 días naturais. Se nese tempo non se produce a devolución ou o pago, procederase o bloqueo da inscricións nas probas do calendario galego de ciclismo.

Non esta permitido o uso compartido dos chips.

Queda totalmente prohibida a participación nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo sen o chip activo.

Non serán válidos os chips non subministrados pola FGC 

PROBAS CON CRONOMETRAXE ELECTRONICO DA FGC 2025.

·        COPA GALICIA CICLOCROSS

·        COPA GALICIA RESISTENCIA

·        COPA GALICIA ESTRADA MASTER

·        COPA GALICIA ESTRADA CADETES

·        COPA GALICIA ESTRADA JUNIOR

·        COPA GALICIA XCO

·        COPA GALICIA XCM

·        COPA GALICIA DE DHI

·        COPA GALICIA DE PUMP TRACK

·        CAMPIONATO DE GALICIA CICLOCROSS

·        CAMPIONATO DE GALICIA RESISTENCIA

·        CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA CADETE, JUNIOR E FEMINAS

·        CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA ELITE.

·        CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA MÁSTER.

·        CAMPIONATO DE GALICIA CRI

·        CAMPIONATO DE GALICIA XCO

·        CAMPIONATO DE GALICIA XCM

·        CAMPIONATO DE GALICIA DHI

.       CAMPIONATO DE GALICIA PUMP TRACK