OBSERVACIONES
CAMPIONATO DE GALICIA DHI 2025 - DH A FRACHA
- PREINSCRICIÓNS E INSCRICIÓNS:
O PRAZO DE INSCRICION PECHA O DIA : 17 de Setembro de 2025 as 23:59:59
FORA DE PRAZO CON RECARGO DE 30€ ATA O: 18 de Setembro de 2025 as 15:00:00
- NORMATIVA
Toda proba competitiva celebrada baixo o amparo da FGC farase por preinscricións telemática.
- Para as probas que se celebren durante a fin de semana, as preinscricións pecharanse o MÉRCORES ANTERIOR ÁS 23:59 horas, as celebradas durante a semana, ata tres días antes da proba ás 23:59 (a excepción das probas de BTT-Enduro).
As preinscricións fora de prazo permítense de maneira extraordinaria coas seguintes condicións:
- Para as probas que se celebren na fin de semana, ata o XOVES ANTERIOR ÁS 15:00. As celebradas durante a semana, ata dous días antes da proba ás 15:00. En ambos os dous casos cunha PENALIZACIÓN de10 € para as categorías escolares (benxamín, promesa, principiante, alevín, infantil e cadete) e de 30€ para o resto de categorías.
- Perdida da praza na orde saída, pasando a ocupar o último lugar na grella de saída.
Queda totalmente prohibido realizar inscricións pasado estes prazos. Non se aceptarán inscricións, nin pagamentos fóra destes prazos ou o mesmo día da proba
- COMO CHEGAR: Ubicación
- APARCAMENTO
A organización dispón dun espazo de aparcamento no paddock: https://maps.app.goo.gl/AtHvfX8QztmTWntPA
IMPORTANTE, aqueles que queiran facer uso de este espazo deberán enviar a matrícula coa que queren acceder. Indicar se queren montar carpas e m2 que precisan. A organización resérvase o dereito de reducir peticións debido a limitación de espazo. Escribir ó correo: dhafracha@gmail.com
- REMONTES
Nos adestramentos oficiais SÓ poderán facer remontes os coches da organización ou aqueles que o solicitasen previamente, e para un mínimo de 5 corredores. IMPORTANTE respetar as indicacións para que sexa fluído. A estrada é estreita e debemos evitar no posible incidentess o entorpecemento. Queda totalmente proibido facer os remontes subidos en remolques ou sentados en sitios que non sexan os estrictamente indicados para eso. Tanto por unha cuestión de seguridade como de imaxen e coidar o deporte.
TAXA DE INSCRICIÓN DA PROBA:
Cadete e Infantil, masculina e feminina: 15,00 €
Categorías Júnior, masculina e feminina: 20,00 €
Resto de categorías: 35,00 €
SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO DA FGC:
Todos os deportistas das categorías que desexen participar nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo deberán posuír un chip activo. Poderá adquirir dito chip a través da plataforma de inscricións das probas das seguinte formas:
• En aluguer, cun custe de 3 € para cada proba, o chip será devolto o termo da proba para o cal se aluga.
• En propiedade, cun custe de 105,28 € para uso en todas as probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo. Os chips teñen unha duravilidade da batería de entre 5 e 7 anos.
• Para as categorías Júnior e inferiores, por ser de carácter formativo, en cada proba se lle cedera un chip que será devolto o remate da proba, sen custe de aluguer.
Os ciclistas non pertencentes a comunidade autónoma de Galicia deberan depositar unha fianza de 110 € á retirada do chip.
Os ciclistas que extravíen ou se esquezan o chip, poderán solicitar antes do inicio da proba un chip activo en préstamo, depositando unha fianza de 110 € que lles será devolta ao remate da proba contra a entrega do chip sen danos.
Os ciclistas que, ao remate da proba, non devolvan o chip activo alugado ou cedido en préstamo ou o devolvan en mal estado, deberán abonar 110 euros, procedendo a FGC á facturación do devandito chip.
O prazo de devolución do chip ou abono dos 110 € será de 10 días naturais. Se nese tempo non se produce a devolución ou o pago, procederase o bloqueo da inscricións nas probas do calendario galego de ciclismo.
Non esta permitido o uso compartido dos chips.
Queda totalmente prohibida a participación nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo sen o chip activo.
Non serán válidos os chips non subministrados pola FGC
PROBAS CON CRONOMETRAXE ELECTRONICO DA FGC 2025.
· COPA GALICIA ESTRADA CADETES
· COPA GALICIA XCM
· COPA GALICIA DE DHI
· COPA GALICIA DE PUMP TRACK
· CAMPIONATO DE GALICIA CICLOCROSS
· CAMPIONATO DE GALICIA RESISTENCIA
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA CADETE, JUNIOR E FEMINAS
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA ELITE.
· CAMPIONATO DE GALICIA ESTRADA MÁSTER.
. CAMPIONATO DE GALICIA PUMP TRACK
· OUTRAS PROBAS QUE CONTRATEN O SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO CA FGC.