ARMENTEIRA E PUNTO C.C.

II XCO ARMENTEIRA E PUNTO

Cartel Prueba

Acerca de la prueba

PROBAS DE COPA E CAMPIONATO DE GALICIA DE BTT XCO 2026

TAXA DE INSCRICIÓN DA PROBA:

Categorías Júnior, Cadete e Infantil, masculina e feminina: Gratuíta

Resto de categorías: 10,00 €

 

SISTEMA DE CRONOMETRAXE ELECTRÓNICO DA FGC:

Todos os deportistas das categorías que desexen participar nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo deberán posuír un chip activo. Poderá adquirir dito chip a través da plataforma de inscricións das probas das seguinte formas:

• En aluguer, cun custe de 3 € para cada proba, o chip será devolto o termo da proba para o cal se aluga.

• En propiedade, cun custe de 105,28 € para uso en todas as probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo. Os chips teñen unha duravilidade da batería de entre 5 e 7 anos.

• Para as categorías Júnior e inferiores, por ser de carácter formativo, en cada proba se lle cedera un dorsal-chip pasivo que será devolto o remate da tempada, sen custe de aluguer. Os deportistas desta categorías non pertencentes a comunidade autónoma de Galicia deberan devolver o dorsal-chip o termo da proba.

Os ciclistas non pertencentes a comunidade autónoma de Galicia deberan depositar unha fianza de 110 € á retirada do chip.

Os ciclistas que extravíen ou se esquezan o chip, poderán solicitar antes do inicio da proba un chip activo en préstamo, depositando unha fianza de 110 € que lles será devolta ao remate da proba contra a entrega do chip sen danos. No caso das categorías Júnior e inferiores aplicaráselle a normativa I-N.- DORSAIS E PLACAS do Titulo I de Disposicións Xerais.

Os ciclistas que, ao remate da proba, non devolvan o chip activo alugado ou cedido en préstamo ou o devolvan en mal estado, deberán abonar 110 euros, procedendo a FGC á facturación do devandito chip.

O prazo de devolución do chip ou abono dos 110 € será de 10 días naturais. Se nese tempo non se produce a devolución ou o pago, procederase o bloqueo da inscricións nas probas do calendario galego de ciclismo.

Non esta permitido o uso compartido dos chips.

Queda totalmente prohibida a participación nas probas con cronometraxe electrónico da Federación Galega de Ciclismo sen o chip activo.

Non serán válidos os chips non subministrados pola FGC