Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Copa de España de Descenso bota o peche co VI Trofeo Federación DHI - Manzaneda Bike Park

162024

Yelco Romero e Zoe Zamora tratarán de defender os seus liderados nesta última proba do certame estatal

A-Copa-de-Espana-de-Descenso-bota-o-peche-co-VI-Trofeo-Federacion-DHI---Manzaneda-Bike-Park

A Copa de España de Descenso finaliza este domingo 18 de agosto coa disputa do VI Trofeo Federación DHI – Manzaneda Bike Park, última cita do certame estatal á que chegan como líderes Yelco Romero e Zoe Zamora, quen tratarán de defender esa primeira praza.

A proba, organizada pola Federación Ciclismo Galego xunto coa Estación de Montaña Manzaneda (Ourense), desenvolverase na Serra de Queixa, no Bike Park da estación, un enclave privilexiado para a modalidade que atraerá a unha numerosa participación.

imagen

Os líderes da Copa de España, Yelco Romero e Zoe Zamora non faltarán a unha cita que afrontarán con vantaxe na xeral, pero na que terán que sacar a relucir a súa mellor versión para manter os seus respectivos liderados. O recente campión de España Dani Castellanos ou Inés Chinchilla serán outros dos riders a seguir.

O sábado realizaranse tanto a revisión do circuíto a pé como os adestramentos oficiais. Xa o domingo, desde as 11:30 horas terá lugar a clasificatoria, coa final prevista para as 13:30 horas.

Fonte: RFEC

 
Logo secundario CICLISMO GALEGO FEDERACION

CICLISMO GALEGO FEDERACION

Rúa Fotógrafo Luis Ksado nº 17 36209 | Vigo (Pontevedra)
986224158