242025
Fotos: EnkiProyecto
Unha contra o reloxo individual e unha carreira de fondo exerceron esta fin de semana de terceira e cuarta xornada da Copa de España de Ciclismo Paralímpico. A localidade murciana de Ceutí foi o escenario de dous eventos nos que a representación galega colleitou media ducia de postos de podio. Os handbikers Ángel Plácido López e María José Pose, ambos do Inclusivo Enki, e o corredor de bicicleta adaptada Óscar López (Neuroimpulse-Galicia) recolleron trofeos por partida dobre no IV Gran Premio Gestiona VBicioBike.
Os postos que asinaron os tres foron os mesmos o sábado na CRI de 17,5 quilómetro e o domingo na proba en liña nun circuíto de 3 km. Ángel Plácido López fixo segundo nas dúas xornadas por detrás do madrileño Juan José Muñoz (Neuroimpulse-Galicia) na clase MH2. O mesmo balance obtivo a súa compañeira de equipo María José Pose en WH3, categoría que dominou a andaluza Eva María López (Neuroimpulse-Galicia). Pola súa banda, Óscar López abonouse á terceira posición en MC3 o que lle permitiu ascender á segunda praza da xeral que domina con 32 puntos de vantaxe o balear Adrián Planells (Santa Margalida), dobre gañador en Ceutí.
Ademais, na clase 4 de handbikes o Incluso Enki contou con Alejandro González e Daniel Prada, sexto e noveno respectivamente os dous días. Ata terras murcianas non se desprazou Iván Montero (Neuroimpulse-Galicia), que mantén o liderado en MH5. A Copa de España celebrará a súa quinta e penúltima proba preto de Galicia, en Camponayara (León), o vindeiro 6 de abril.
CICLISMO ADAPTADO
FORMACIÓN
CICLISMO ADAPTADO
CICLISMO ADAPTADO
EVENTOS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es