142025
A localidade ourensá de Maceda é un berce de bikers e o seu club ciclista dispón dunhas magníficas instalacións das que desfrutaron o pasado sábado as participantes na Xornada de Tecnificación de XCO para infantís e cadetes. Unha vintena de corredoras asistiron a esta iniciativa formativa deseñada pola Federación Ciclismo Galego (FCG). O Parque das Bicis e o Bici Parque foron o escenario dun día de adestramentos, charlas e diversión.
Da man de Alberto del Río, técnico da FCG, e da ciclista Irene Trabazo, as promesas galegas do Cross Coutry Olímpico traballaron diferentes aspectos, sobre todo técnicos, no circuíto ao aire libre. Despois da sesión matinal, a actividade trasladouse ao Bici Parque, un recinto cuberto que conta cunha pista de Pump Track. Unha vez aparcadas as bicicletas, chegou a quenda dos consellos para as corredoras e de coñecer polo miúdo o calendario da Selección de Galicia de XCO para esta temporada.
Esta especialidade do BTT regresará a Maceda o sábado 24 de maio para a disputa da sétima xornada da Copa Galicia. A FCG quere agradecer aos responsables do Clube Ciclista Maceda a súa colaboración e o trato recibido para levar a cabo a segunda Xornada de Tecnificación FCG dedicada este ano ao XCO. A primeira tivera como protagonistas aos infantís e aos cadetes o 22 de febreiro en Marín.
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
FORMACIÓN
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es