Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Alex Marque e Samuel Blanco compartiron a súa experiencia na Tecnificación Júnior de Caldas de Reis

152025

Os dous exprofesionais ofreceron unha charla na convivencia organizada pola Federación Ciclismo Galego

Alex-Marque-e-Samuel-Blanco-compartiron-a-sua-experiencia-na-Tecnificacion-Junior-de-Caldas-de-Reis

A localidade pontevedresa de Caldas de Reis leva acollido nos últimos anos varias Xornadas de Tecnificación deseñadas pola Federación Ciclismo Galego (FCG) e o pasado domingo actuou como epicentro da formación júnior masculina de Estrada. Unha vintena asistiron a esta convocatoria que contou con dous convidados de excepción. Os ciclistas exprofesionais Alex Marque e Samuel Blanco compartiron a súa experiencia coas promesas do pelotón autonómico. 

imagen

A programación ideada e dirixida por Jacobo Ucha, técnico da FCG, buscou unha vez máis comprobar o estado de forma dos corredores, reforzas diferentes aspectos relacionados coa bicicleta, así como crear grupo de cara ás competicións que este ano vai disputar a Selección de Galicia. A sesión matinal consistiu nun adestramento por Caldas de Reis e a súa contorna e, despois de compartir mesa e mantel para xantar, chegou a quenda das charlas. 

imagen

O estradense Alex Marque, gañador dunha Volta a Portugal e profesional dende o 2004 ata o 2022, e o redondelán Samuel Blanco, campión de España Elite e que competiu ao máis alto nivel dende o 2021 ata o 2024, achegaron a súa contrastada experiencia a través de vivencias, consellos e anécdotas. A FCG quere agradecer a súa colaboración con esta iniciativa, do mesmo xeito que a implicación do Concello de Caldas de Reis e especialmente a de Manuel Fariña, o seu concelleiro de Deportes, para que os ciclistas desfrutaran dunha enriquecedora experiencia no seu municipio.

imagen

Calendario Xornadas de Tecnificación

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es